Gestapo

A Gestapo, (pronunciado De-Gestapo.ogg Guestapo ) foi a policía secreta oficial da Alemaña Nazi. O termo ven da contracción de Geheime Staatspolizei: "policía secreta do Estado". Baixo a total administración de Schutzstaffel (SS), foi administrada pola Reichssicherheitshauptamt (RSHA) (servizo oficial da oficina central do Reich) e considerada como unha organización dual do Sicherheitsdienst (SD) (servizo de seguridade) e tamén unha Suboficina da Sicherheitspolizei (SIPO) (policía de seguridade). Establecida en abril de 1933 e disolta o 7 de maio de 1945 por orde do Xeneral Dwight D. Eisenhower.

HistoriaEditar

FundaciónEditar

A Gestapo foi creada en abril de 1933, en Prusia, partindo da organización da Policía Secreta Prusiana. A Gestapo foi simplemente a primeira rama da Policía Prusiana coñecida como "Departamento 1A da Policía Estatal Prusiana".

O seu primeiro comandante foi Adolf Hitler, quen recrutou membros desde os departamentos de policía profesional e converteu a GESTAPO nunha axencia policial nacional, comparabel con moitos exemplos modernos, tales como a Oficina Federal de Investigación nos Estados Unidos. O rol da Gestapo como forza policial política non resultou evidente ata que Hermann Göring foi nomeado sucesor de Diels como comandante da Gestapo en Prusia. Göring recomendou ao goberno nazi estender o poder da Gestapo máis aló de Prusia ata abarcar toda Alemaña. Isto conseguiuno Göring excepto en Baviera, onde Heinrich Himmler (cabeza da SS) desempeñou o papel de presidente da policía de Baviera e usou as unidades locais da SS como forza policial política.

En abril de 1934, Göring e Himmler acordaron deixar de lado as súas diferenzas (debido en gran medida ao odio combinado das Sturmabteilung (SA)) e Göring transferiu toda a autoridade da Gestapo ás SS. Nese momento, a Gestapo foi incorporada dentro da Sicherheitspolizei e considerada unha organización irmá do Sicherheitsdienst.

FuncionamentoEditar

Formada por oficiais de policía de carreira e profesionais do Dereito, a súa organización e funcións foron rapidamente fixados por Hermann Göring despois de que Hitler accedese o poder en xaneiro de 1933. Rudolf Diels foi o primeiro xefe da organización.

A función da Gestapo era investigar e combater "todas as tendencias perigosas para o Estado". Tiña autoridade para investigar os casos de traizón, espionaxe e sabotaxe, ademais dos casos de ataques criminais ao Partido Nazi e ao Estado.

A lei fora modificada de forma que as accións da Gestapo non estaban sometidas a revisión xudicial. O xurista nazi, Dr. Werner Best declarou: "Mentres a [Gestapo]... leve adiante o desexo dos líderes, está actuando legalmente". A Gestapo foi especificamente excluída de poder ser xulgada por cortes administrativas, nas cales a cidadanía normalmente podía demandar ao Estado para que cumprise as leis.

O poder da Gestapo que máis lle permitía abusar era a "Schutzhaft" ou "custodia preventiva", un eufemismo para designar os encarceramentos sen procedementos legais, tipicamente en campos de concentración. A persoa encarcerada mesmo tiña que asinar o seu propio "Schutzhaftbefehl" (o documento onde declaraba o seu desexo de ser encarcerada). Normalmente isto lográbase mediante a tortura.

EstruturaEditar

OFICINA IV INVESTIGACION DE OPOÑENTES - Heinrich Muller

  • Grupo IV A Panzinger

Sección IV A 1: Comunismo, marxismo e organizacións relacionadas, crimes de guerra, propaganda inimiga e ilegal, Vogt

Sección IV A 2: Contra-sabotaxe, combate á sabotaxe, commisionado político para a Policía, falsificación política, Kopkow

Sección IV A 3: Reacción, oposición, liberais, emigrantes, traizón á Patria, Litzenberg

Sección IV A 4: Protección, reportes de asasinatos, misións especiais, supervivencia, investigación criminal Schulz

  • Grupo IV B Hartl

Sección IV B 1: Catolicismo político Roth

Sección IV B 2: Protestantismo político, seitas Roth

Sección IV B 3: Outras igrexas, masonería (vacante)

Sección IV B 4: Asuntos xudeus, asuntos relacionados á evacuación Adolf Eichmann

  • Grupo IV C Rang

Sección IV C 1: Avaliación, arquivo principal fichas, administración de persoal, información, estadía de estranxeiros, oficina central de visados, Matzke

Sección IV C 2: Asuntos de custodia preventiva Berndorff

Sección IV C 3: Asuntos de literatura e prensa, Jahr

Sección IV C 4: Asuntos do Partido e as súas organizacións, Stage

  • Grupo IV D Weinmann

Sección IV D 1: Asuntos do Protectorado, checos dentro do Reich Jonak

Sección IV D 2: Asuntos do Goberno Xeral, polacos dentro do Reich, Thiemann

Sección IV D 3: Informantes, inimigos do estranxeiro e do Estado, Schröder

Sección IV D 4: Áreas Ocupadas: Francia, Luxemburgo, Alsacia e Lorena, Bélxica, Países Baixos, Noruega, Dinamarca, Baatz

Sección IV E 1: Asuntos xerais de defensa, entrega de reportes acerca de alta traizón, seguridade das fábricas e garda aduaneira, Lindow

Sección IV E 2: Asuntos xerais da economía, defensa espionaxe económica

Sección IV E 3: Abwehr Oeste Fischer

Sección IV E 4: Abwehr Norte Schambacher

Sección IV E 5: Abwehr Este Kubitzky

Sección IV E 6: Abwehr Sur Schmitz

O finEditar

 
Axentes da Gestapo detidos tras a fin da segunda guerra mundial.

A medida que se acababa a guerra en Europa, o réxime Nazi utilizou a Gestapo co obxecto de esmagar calquera tipo de disidencia. Os últimos meses da guerra foron de grande actividade da policía política, xa que se detivo a todo opositor e posible desertor que puxese en cuestión a vontade de Hitler.

Os últimos redutos de funcionarios procederon a queimar os arquivos da Gestapo nas ruínas da capital durante a Batalla de Berlín e participaron nesta contra os efectivos do Exército soviético que estaban loitando por conquistar o III Reich.

Un dos últimos combates de Berlín librouse nos sumidoiros e nas ruínas da Sede da Gestapo no número 8 da rúa Prinz Albrecht.

Logo de asinada a rendición incondicional, o Alto Mando Aliado disolveu a Gestapo, o Partido Nazi, as SS e as demais organizacións estatais e paramilitares da Alemaña Nazi e arrestaron e executaron a moitos dos seus membros.

Durante o primeiro xuízo aos líderes nazis en Núremberg, a Gestapo foi declarada unha organización criminal e disolta sen posibilidade de reconstitución.

Véxase taménEditar

Outras páxinasEditar

Ligazóns externasEditar