Un eufemismo é un recurso lingüístico consistente en evitar nun acto de fala a palabra con que se designa algo noxento, molesto ou inoportuno, substituíndoa por outra expresión máis agradable que non achega á mente as connotacións do vocábulo orixinario.

O eufemismo conséguese mediante a pseudosinonimia, a equivalencia (sinonimia entre vocábulo e locución) e as relacións de inclusión (hiponimia, hiperonimia, cohiponimia).

Causas do eufemismo

editar

As causas polas que se produce o eufemismo son:

  • Tabú social, relixioso ou moral. Así a sociedade estabelece temas que resultan de mal gusto, realidades que non hai que nomear ou ás que hai que referirse por medio de eufemismos. Son principalmente os referidos á morte (pasar a mellor vida no canto de morrer), necesidades fisiolóxicas do ser humano e á sexualidade. Constitúen tamén un caso de tabú social os empregados nos medios de comunicación, mais neste caso trataríase de ocultar ou manipular a realidade. Serían, por exemplo, danos colaterais por vítimas civís ou países en vías de desenvolvemento. O tabú relixioso está causado polas supersticións ou crenzas de cada sociedade que interpretan o nomear certos animais como de mal agoiro. Son denominacións eufemísticas donosiña ou donicela na súa orixe, e o do rabo ou García para o referirse ao raposo.
  • Desexo de adaptarse a unha circunstancia na cal a palabra propia resultaría demasiado vulgar: cabelo substitúe a pelo.
  • Vangloria: os médicos fanse chamar doutor sen ter o grao do doutoramento.
  • Respecto cortés cara a alguén a quen se fala: ós médicos chámaselles doutor sen ter o grao do doutoramento.
  • Necesidade de atenuar unha desgraza: chamar eivado ou impedido ó coxo.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • MONTERO CARTELLE, E. (1981): El eufemismo en Galicia (su comparación con otras áreas romances). Verba, Anuario Galego de Filoloxía, Anexo 17.