Ducado de Suárez
O Ducado de Suárez é un título nobiliario español, que vai acompañado da honra de Grandeza de España.[1]
Ducado de Suárez | |
---|---|
Primeiro titular | Adolfo Suárez González |
Concesión | Xoán Carlos I de España 25 de febreiro de 1981 |
Liñaxes | Suárez |
Actual titular | Alejandra Romero Suárez |
Historia
editarO título creouno o 25 de febreiro de 1981 o rei Xoán Carlos I co propósito de outorgarllo a Adolfo Suárez, que daquela acababa de dimitir como presidente do Goberno de España (posto que ocupara entre 1976 e 1981). A tradición de outorgar títulos nobiliarios aos expresidentes de goberno comezouna Xoán Carlos I con Carlos Arias Navarro, e seguiuna por Adolfo Suárez e Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo.
O primeiro herdeiro do título foi o fillo varón máis vello de Adolfo Suárez, Adolfo Suárez Illana. Pero unha modificación lexislativa impulsada polo goberno de José Luis Rodríguez Zapatero mudou a preeminencia dos homes en favor dun trato igualitario. A herdeira e definitiva posuidora do título pasou a ser, pois, Alejandra Romero Suárez, filla da primoxénita, María Amparo Suárez Illana[2], finada en 2004.
Titulares
editarCreación por Xoán Carlos I | ||
---|---|---|
Titular | Período | |
I | Adolfo Suárez González | 1981 - 2014 |
II | Alejandra Romero Suárez | 2014 - |