Pedro Blanco Lobeiras

avogado e político galego


Pedro Blanco Lobeiras, nado en Monfero en 1968, é un avogado e político galego. Ocupa o cargo de delegado do Goberno en Galicia desde o 13 de xuño de 2023.

Infotaula de personaPedro Blanco Lobeiras

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Monfero, España Editar o valor em Wikidata
Delegado do Goberno en Galicia
13 de xuño de 2023 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , avogado , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela
Unión Xeral de Traballadores
Banco Pastor
Xunta de Galicia Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: PedroBlancoDelGalicia Twitter: blancolobeiras Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1994 foi profesor e coordinador laboral e de Seguridad Social nun dos mestrados desa mesma universidade. É socio fundador do bufete Blanco & Guerra, con sede en Viveiro.

Afiliado ao PSOE desde 1991, ocupou varios cargos a nivel local e rexional. É secretario de Emprego da executiva do PSdeG, liderada por Valentín González Formoso. En 1992 uniuse ao sindicato UGT, e foi responsable da área xurídica da federación de UGT-Galicia. Especializouse en temas relacionados coa Seguridade Social. Traballou como asesor na Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia durante o bipartito galego.

Nomeárono delegado do Goberno en Galicia tras deixar o cargo Xosé Ramón Gómez Besteiro para encabezar a lista dos socialistas pola provincia de Lugo nas Eleccións xerais de España de 2023.[1][2]

Notas editar