Abrir o menú principal

Consellería de Traballo e Benestar

A consellería de Traballo e Benestar é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en promoción do emprego, formación profesional e servizos sociais, o que inclúe dende garderías ata a asistencia a persoas dependentes ou a inmigración. A súa titular actual é Beatriz Mato.

HistoriaEditar

A consellería de Traballo naceu xa en 1982, no primeiro goberno autonómico de Xerardo Fernández Albor. Durante estes anos mudou frecuentemente de nome e despaareceu sumíndose noutras áreas. Así, entre 1986 e 1987 incorpórase a Industria, entre 1993 e 1997 á consellería de Xustiza, entre 1997 e 2003 á de Familia e entre 2003 e 2005 á de Asuntos Sociais.

ConselleirosEditar

  1. Juan Corral (1982-1986). Como conselleiro de Traballo, Seguridade Social e Emigración.
  2. Luciano Asorey (1986-1987). Como conselleiro de Traballo, Industria e Turismo
  3. Miguel Martínez Losada (1987-1990). Como conselleiro de Traballo e Benestar Social.
  4. Manuel Pérez Álvarez (1990-1991). Como conselleiro de Traballo e Servizos Sociais
  5. Xosé Antonio Gil Sotres (1991-1993).
  6. Xoán Manuel Diz Guedes (1993-1996). Como conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
  7. Xesús Palmou (1996-1997).
  8. Manuela López Besteiro (1997-2001). Como conselleira de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude.
  9. María Xosé Cimadevila (2001-2004). Como conselleira de Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relaciones Laborais.
  10. Belén Prado (2004-2005).
  11. Ricardo Varela (2005-2009). Como conselleiro de Traballo.
  12. Beatriz Mato (2009-). Como conselleira de Traballo e Benestar.

Estrutura internaEditar

Secretarías e direccións xeraisEditar

Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, a consellería de Traballo conta coas seguintes direccións xerais:

Entes adscritosEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar