Manuel Pérez Álvarez
Manuel Pérez Álvarez, nado en Sober o 3 de decembro de 1946, é un avogado e político galego.
Manuel Pérez Álvarez | |
---|---|
Nacemento | 3 de decembro de 1946 |
Sober | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e avogado |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Dereito pola USC, é inspector de Traballo. Comezou a súa carreira política como concelleiro en Vigo en 1987. Foi deputado no Parlamento de Galicia (1989-95) e Conselleiro de Traballo e Servizos Sociais (1990-1991).
En 1995 foi elixido, por maioría absoluta, alcalde de Vigo. Por diferenzas co partido non se presentou ás eleccións municipais de 1999, nas que o PPdeG perdería a alcaldía. Foi senador pola provincia de Pontevedra entre 1996 e 1997. En 1999 foi elixido deputado do Parlamento Europeo. Tamén foi presidente do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1995).
Dende o ano 1999 ata o 2004 foi eurodiputado, participando como voceiro da Comisión de Emprego e Asuntos Sociais e como membro na Comisión de Pesca e na Delegación para as Relacións con Canadá.
Predecesor: Miguel Martínez Losada |
conselleiro de Traballo e Servizos Sociais 1990-1991 |
Sucesor: Xosé Antonio Gil Sotres |
Predecesor: Carlos González Príncipe |
alcalde de Vigo 1995-1999 |
Sucesor: Lois Pérez Castrillo |