Marta Lois
Marta Irene Lois González, máis coñecida como Marta Lois, nada en Vigo en 1969 e aveciñada en Santiago de Compostela, é unha profesora universitaria, politicóloga e política galega.
Marta Lois | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1969 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | politicóloga, profesora universitaria e política |
Fillos | dous |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Formouse na Universidade de Santiago de Compostela[1] e é profesora na Facultade de Ciencias Políticas desa universidade.[2] A súa tese de doutoramento é Fundamentos de la identidad política. El concepto político del Yo y las teorías de la democracia (2000) dirixida por Ramón Máiz.
Ten máis dunha ducia de artigos en revistas especializadas de xénero, política e administración. Participou en moitas obras colectivas, ademais de coordinar publicacións da súa especialidade.[3]
Política Editar
Empezou na política en Santiago con Martiño Noriega, é membro de Compostela Aberta e concelleira no Concello de Santiago de Compostela, ocupando a carteira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo na lexislatura 2015-2019.[4]
Saltou ao coñecemento da política estatal cando, a finais de maio de 2023, Yolanda Díaz a nomeou como presidenta do Movemento Sumar.[5] Foi elixida parlamentaria nas eleccións xerais de xullo de 2023 como cabeza de lista de Sumar pola Coruña.[6]
En agosto de 2023 tamén foi nomeada portavoz parlamentaria de Sumar no Congreso dos Deputados.[7]
Obra Editar
- ¿Han conquistado las mujeres el poder político? Un análisis de la presencia de las mujeres en las instituciones autonómicas (2012). Con Isabel Díaz Otero. Catarata. ISBN 9788483197165.
Notas
- ↑ "ORCID". orcid.org. Consultado o 1/6/2023.
- ↑ "Marta Lois González – Máster Universitario online en Dirección Pública y Liderazgo Institucional". masterdireccionyliderazgo.webs.uvigo.es. Consultado o 1/6/2023.
- ↑ "Marta Irene Lois González". Dialnet (en castelán). Consultado o 2023-08-10.
- ↑ "Compostela Aberta. Ayuntamiento de Santiago de Compostela". santiagodecompostela.gal. Consultado o 1/6/2023.
- ↑ Salgado, Lara (31/5/2023). "¿Quién es Marta Lois, la presidenta de Movimiento Sumar?". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 1/6/2023.
- ↑ Ortiz, Beatriz Muñoz, Alberto (2023-08-09). "Marta Lois, la académica dialogante que pondrá voz a Sumar en el Congreso". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-08-10.
- ↑ "Quién es Marta Lois, la designada por Yolanda Díaz para ocupar el puesto de Pablo Echenique - Público TV". www.publico.es. Consultado o 2023-08-10.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marta Lois |
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Ficha de escritora no sitio web da editorial Akal (en castelán).