Antón Sánchez García
Antón Sánchez García, nado en Alacant en 1974, é un enxeñeiro técnico, sindicalista e político galego de Anova, do cal foi o portavoz nacional dende 2017 ata 2022.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) Alacant, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | ANOVA-Irmandade Nacionalista Bloque Nacionalista Galego |
Traxectoria
editarEnxeñeiro técnico en xardinería e hortofruticultura pola Escola Politécnica de Lugo, dedicouse á produción hortícola ecolóxica en Bergondo. Membro do Sindicato Labrego Galego, foi coordinador nacional do sector de horta (2006-2008) e forma parte da dirección nacional. É membro da Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural As Mariñas-Betanzos como representante do sector agrícola. Concelleiro en Bergondo dende 2007, foi candidato á alcaldía nas municipais de 2011 polo BNG. Militante e membro da Coordinadora Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista, é responsable da área de Medio Ambiente e sostibilidade. En 2012 foi candidato de Alternativa Galega de Esquerda ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña e foi elixido deputado. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado por En Marea.
No 2017 sucedeu a Xosé Manuel Beiras como portavoz nacional de Anova[1], exercendo como tal ata a súa dimisión en xullo de 2022.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antón Sánchez García |
Ligazóns externas
editar- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 24 de novembro de 2016 en Wayback Machine.