Yolanda Díaz
- Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.
Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971,[1] é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021.
Yolanda Díaz Pérez | |
![]() Díaz en xaneiro de 2020. | |
Actualmente no cargo | |
Dende o 13 de xaneiro de 2020 | |
Presidente | Pedro Sánchez Goberno da XIV Lexislatura |
Monarca | Filipe VI |
Precedido por | Magdalena Valerio (como Ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social) |
Actualmente no cargo | |
Dende o 13 de xaneiro de 2016 | |
4 de decembro de 2012 – 2016 | |
2007 – 2008 | |
Datos persoais
| |
Nacemento | 6 de maio de 1971 (52 anos) Fene, Galicia |
Partido | PCE Esquerda Unida (ata 2019) |
Profesión | Avogada |
Na rede
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla.[2] Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016. Desde xaneiro de 2016 (XI lexislatura) é deputada no Congreso dos Deputados.
TraxectoriaEditar
É filla de Xesús Díaz Díaz (Suso Díaz), exsecretario xeral de Comisións Obreiras de Galicia e sobriña de Xosé Díaz Díaz, ex-deputado do Bloque Nacionalista Galego. Foi a primeira das nenas nadas no novo barrio obreiro de San Valentín, Fene, vinculado daquela aos estaleiros de ASTANO. Na adolescencia trasladouse a Santiago de Compostela e estudou no instituto Rosalía de Castro. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, para despois ampliar estudos en París.[1] Realizou tres mestrados, en Urbanismo, en Relacións Laborais e en Recursos Humanos, materia na que está especializada.
Empezou traballando como avogada nun bufete compostelán. En 1998 colexiouse e abriu o seu despacho (laboralista[3]) en Ferrol.[4]
Accedeu á coordinación xeral de Esquerda Unida en 2005, cando era a candidata da formación á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións dese ano. Obtivo uns 12.000 votos (0,8%), a cuarta forza máis votada.
Nas eleccións municipais de 2003 foi cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol. A coalición recuperou representación no Concello, da que se vira privada na lexislatura anterior pola crise que derivou na ruptura e o xurdimento de Esquerda Galega-Os Verdes. Obtivo dúas actas de edil, acompañada polo veterano dirixente Fernando Miramontes.
Acordo de goberno en FerrolEditar
Nas eleccións municipais de 2007 foi de novo cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol[5]. Obtivo 5.203 votos (14,19%) e catro edís: Javier Galán, Miguel Reimúndez, Sari Alabau e ela mesma. Tras formalizar un acordo para un goberno co PSOE, foi elixido alcalde o socialista Vicente Irisarri, con Yolanda Díaz como primeira tenente de alcaldía.
O 28 de outubro de 2008, o goberno de coalición rachou. Irisarri permaneceu como rexedor en minoría no PSOE e Esquerda Unida pasou á oposición. Yolanda Díaz mantívose como voceira.
Parlamento de GaliciaEditar
No 2009 foi a candidata de Esquerda Unida á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas,[6] mais non logrou entrar no Parlamento. En 2012 repetiu pola provincia da Coruña e foi elixida deputada autonómica. Ese ano formaron a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), xunto con Anova-Irmandade Nacionalista, Espazo Ecosocialista Galego e Equo-Galicia. Foi a viceportavoz do seu grupo no Parlamento ata as eleccións xerais de 2015, nas que se presentou ao Congreso dos Deputados.[7]
Congreso dos DeputadosEditar
É deputada no Congreso dos Deputados desde 2016.[8]) Tanto nas Eleccións xerais de 2015 como nas de 2016 foi candidata na lista de En Marea pola provincia da Coruña e entrou como deputada por esa provincia. Nas Eleccións xerais de abril de 2019 e nas de novembro do mesmo ano foi candidata na lista de En Común-Unidas Podemos pola Provincia de Pontevedra e foi escollida deputada por estoutra provincia.[9] Dentro do Congreso, foi vogal e portavoz adxunta de varias comisións.[8]
MinistraEditar
En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Traballo e Economía Social[10] no goberno de coalición do PSOE e Unidas-Podemos, o primeiro na democracia.[11]Tomou posesión o día 13 dese mes. No acto sinalou que o principal reto deste país é recuperar o traballo con dereito, debemos derrogar a reforma laboral para retomar os dereitos das traballadoras e os traballadores.[12]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Yolanda Díaz Pérez". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-01-06.
- ↑ "Eva Solla se hace con el liderazgo de Esquerda Unida y releva a Yolanda Díaz". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-06-04. Consultado o 2020-01-06.
- ↑ Olías, Laura. "Yolanda Díaz, la abogada laboralista gallega que tomará las riendas del Ministerio de Trabajo". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2020-01-09.
- ↑ Hernández, Nuria (2019-12-04). "Así es Yolanda Díaz, posible nueva ministra de Trabajo: de familia sindicalista, con tres posgrados e íntima de Irene Montero". vf (en castelán). Consultado o 2020-01-06.
- ↑ "Resultados de Izquierda Unida en las elecciones municipales y autonómicas del 27 de mayo de 2007" (PDF). web.archive.org. Archived from the original on 06/07/2007. Consultado o 06/01/2020.
- ↑ "La ferrolana Yolanda Díaz, candidata de Esquerda Unida". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 2020-01-06.
- ↑ "Reseñas biográficas dos deputados e deputadas da Cámra" (PDF). parlamentodegalicia.es. Consultado o 06/01/2020.
- ↑ 8,0 8,1 "Díaz Perez, Yolanda". congreso.en. Arquivado dende o orixinal o 20/07/2019. Consultado o 06/01/2020.
- ↑ "Estos son los diputados de Galicia en el Congreso tras las elecciones del 10N". 20minutos (en castelán). 11/11/2019. Consultado o 6/1/2020.
- ↑ "Los ministros del Gobierno de Pedro Sánchez, uno a uno". La Vanguardia (en castelán). 2020-01-11. Consultado o 2020-01-13.
- ↑ Casqueiro, Javier; Pérez, Fernando J. (2020-01-08). "Pedro Sánchez logra la investidura y formará el primer Gobierno de coalición de la democracia". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-01-13.
- ↑ "Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social - Gabinete de comunicación - Laboral -". prensa.empleo.gob.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-14. Arquivado 14 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yolanda Díaz |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Ficha na páxina web do Congreso dos DeputadosArquivado 06 de xuño de 2020 en Wayback Machine.