Vicente Irisarri

político español


Vicente Luis Irisarri Castro, nado en Vigo en 1951, é un enxeñeiro e político galego, alcalde de Ferrol dende 2007 ata 2011, polo PSdeG-PSOE. É ademais irmán do arquitecto Jesús Irisarri.

Infotaula de personaVicente Irisarri
Nome orixinal(es) Vicente Luis Irisarri Castro Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ferrol
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPolítico
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJesús Irisarri Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É enxeñeiro naval, estudos que cursou en Madrid e aos que engade varios cursos de posgrao. A súa experiencia profesional estivo centrada na xestión empresarial, tanto en empresas privadas como públicas. Desempeñou o cargo de presidente de Portos de Galicia de 2005 a 2007, ente público adscrito á Xunta de Galicia, dende onde participou na planificación e xestión do sistema portuario galego.

Ligado a Ferrol, exerceu como director da empresa Fenya e tamén da cooperativa Passco. Foi presidente da Xunta do Porto de Ferrol, máis tarde Autoridade Portuaria, entre 1989 e 1996, unha etapa na que se remodelou a zona do peirao urbano de Curuxeiras, se rexeneraron as praias de Caranza e A Graña e se puxeron en funcionamento o chamado ‘Novo Peirao’ e a terminal de Endesa.

No eido deportivo, fundou e dirixiu durante 18 anos o Océano Surf Club, o primeiro club de surf de Galiza, e a competición internacional Pantín Classic.

Tras unha dilatada traxectoria como militante político, foi precandidato infrutuoso á Alcaldía de Ferrol nas primarias internas dos socialistas de 1998. Nas Eleccións Xerais de marzo de 2000 foi o número 3 da candidatura do PSdeG pola provincia da Coruña, pero os malos resultados supuxeron que non obtivese escano. En 2006 foi nomeado candidato a alcalde de cara ás eleccións de maio de 2007, abandonando o seu cargo de presidente de Portos de Galicia.

A súa candidatura foi a máis votada o 27 de maio, con 9 dos 25 concelleiros da corporación, fronte aos 4 con que contaban os socialistas no mandado precedente. Porén, a súa condición de maioría relativa obrigou a asinar o 15 de xuño un pacto de gobernabilidade con Esquerda Unida-Izquierda Unida (EU-IU).

Ese pacto quedou rachado en outubro de 2008,[Cómpre referencia] intre dende o que os socialistas afrontan o goberno da cidade en minoría.


Predecesor:
Juan Juncal
  
alcalde de Ferrol
 
2007-2011
Sucesor:
José Manuel Rey Varela

Véxase tamén editar

Outras artigos editar