Juan Juncal
político galego
Juan Manuel Juncal Rodríguez, nado en Ferrol o 2 de xuño en 1958, é un político galego do Partido Popular de Galicia, deputado autonómico, alcalde de Ferrol, senador e deputado no Congreso.
Juan Juncal | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1958 |
Lugar de nacemento | Ferrol |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi alcalde de Ferrol dende o ano 2003 ata 2007, polo PPdG, ostentando o cargo de presidente provincial do mesmo partido. Foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 1997. Nas Eleccións xerais de 2008 presentouse como senador, e foi elixido co maior número de votos da provincia da Coruña. En 2011 revalidou o mesmo resultado. Presentouse de número 3 ao Congreso dos Deputados nas Eleccións xerais de 2015 e foi elixido. Nas Xerais de novembro de 2019 volveu ser elixido senador.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
- Lista de senadores galegos desde a Transición
- Eleccións municipais en Ferrol
Ligazóns externasEditar
- Ficha no Senado
- Ficha no Congreso dos Deputados Arquivado 26 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
Predecesor: Xaime Bello |
alcalde de Ferrol 2003 - 2007 |
Sucesor: Vicente Irisarri |