San Valentín, Fene

parroquia civil do concello de Fene

San Valentín é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Fene. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.407 habitantes (717 mulleres e 690 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.766 habitantes.

San Valentín
Barrio de San Valentín.
ConcelloFene[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°28′36″N 8°10′24″O / 43.4767, -8.1732
Área0,6 km²
Poboación1.407 hab. (2013)
Densidade2.345 hab./km²
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

San Valentín deu nome á Cooperativa San Valentín, unha promoción de vivendas na Chousa de Perlío, propiedade de Astano, que conta cunha superficie de 64.000 m². Do desmonte desta zona saíu material para as ampliacións de Astano. A primeira fase foron 384 vivendas, rematadas en setembro de 1970. Outras 240 vivendas da II Fase iniciáronse en 1972. A parroquia foi creada en 1976.[2]

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de San Valentín

editar
Lugares da parroquia de San Valentín no concello de Fene (A Coruña)

O Regueiro | San Valentín

Parroquias de Fene

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Fene

Barallobre (Santiago) | Fene (San Salvador) | Limodre (Santa Eulalia) | Magalofes (San Xurxo) | Maniños (San Salvador) | Perlío (Santo Estevo) | San Valentín (San Valentín) | Sillobre (Santa Mariña)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar