Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago de Compostela
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2013.) |
Coordenadas: 42°52′26″N 8°33′17″O / 42.87376, -8.55464
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago de Compostela | |
---|---|
[[Ficheiro:|200px]] | |
Universidade: | Universidade de Santiago de Compostela |
Localización: | Santiago de Compostela |
Campus: | Campus Sur |
Enderezo: | |
Ano de fundación: | |
Decano: | |
Docentes: | |
Estudantes: | |
Teléfono: | |
Correo electrónico: | |
Páxina web: |
A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago de Compostela é un centro educativo da Universidade de Santiago de Compostela, onde se imparte o Grao en Ciencias Políticas e da Administración e o programa de doutoramento Procesos Políticos Contemporáneos.
Obxectivos da licenciatura
editarA licenciatura ten como obxectivos proporcionar uns amplos coñecementos en materias que permitan analizar os procesos e estruturas políticas e administrativas contemporáneas que capaciten para poder desenvolver funcións de responsabilidade de xestión media ou alta nas administracións públicas do estado así como en organizacións de carácter internacional.
Orientacións
editarEstá estruturado en catro cursos académicos e conta con tres plans de orientación distintos: Ciencia Política, Administración Pública e Estudos Internacionais. Entre as liñas de investigación dos seus docentes destaca a de estudos políticos, nacionalismo, cooperación internacional e estudos de xénero.