Juan Carlos Fernández Pulpeiro

escritor español

Juan Carlos Fernández Pulpeiro, nado o 3 de xaneiro de 1956 en Foz, é un xornalista e escritor galego en lingua castelá, xefe do servizo de prensa, comunicación e protocolo da Deputación Provincial de Lugo.

Juan Carlos Fernández Pulpeiro
Nacemento3 de xaneiro de 1956
Lugar de nacementoFoz
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescritor
Na rede
Dialnet: 1661313
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

É licenciado en Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid e técnico superior en administración pública. Dirixiu as revistas Lucus Lucus e Palacio do Rei. Colaborou en La Voz de Galicia e El Ideal Gallego. Foi realizador e director de cine e televisión. Foi profesor da Escola Superior de Perfeccionamento dos Funcionarios da Administración Autónoma de Galicia e presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Provincia de Lugo.[1][2][3]

Durante os anos 2013 e 2014 foi investigado por acoso laboral e pola súa xestión dos cartos públicos.[4][5][6][7][8][9][10]

Obra editar

Publicou artigos na Revista Internacional de Protocolo; Lucus. Boletín informativo de la Excelentísima Diputación Provincial de Lugo e Lucensia, miscelánea de cultura e investigación.

Son da súa autoría os seguintes libros, case todos eles editados pola mesma deputación de Lugo:

  • Guía ilustrada de Lugo y provincia, Deputación Provincial de Lugo, 1982. ISBN 978-84-500-8010-0.
  • Buenas costumbres, modales y protocolo, canda Concepción Teijeiro Pardo-Ouro, Deputación de Lugo, 1995. ISBN 84-8192-051-7.
  • Vilaronte, Lugo: Servizo de Publicacións, Deputación Provincial de Lugo, 1996. ISBN 84-8192-072-X.
  • Lugo y su provincia. Reseña General, Deputación Provincial de Lugo, 1997.[11]
  • Los caminos de Santiago en la Provincia de Lugo, Deputación de Lugo, 1998. ISBN 978-92-0-003380-3.[12]
  • Apuntes para la historia de la prensa del siglo XIX en Galicia, Ediciós do Castro, 1981. ISBN 84-7492-082-5.[13]
  • Guitiriz, paraíso termal, Deputación Provincial de Lugo, 2000.
  • Civilidad, Deputación Provincial de Lugo, 2006. ISBN 978-84-8192-349-0
  • Foz, guía de interés general.
  • Burela, guía turística.
  • Xove, guía de interés general.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar