José Miñones

farmacéutico, profesor e político galego

José Manuel Miñones Conde, nado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1972, é un profesor universitario e político galego do PSdeG, ministro de Sanidade do goberno de España dende o 28 de marzo de 2023 ata o 20 de novembro de 2023. Previamente, foi alcalde de Ames, entre 2015 e 2021, cargo que abandonou cando foi nomeado delegado do goberno de España en Galicia entre o 31 de marzo de 2021[1] e o 27 de marzo de 2023.

José Miñones
Nacemento17 de xullo de 1972
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico e profesor universitario
PaiJosé Miñones Trillo
Na rede
Dialnet: 1899811
editar datos en Wikidata ]
Para o político republicano fusilado en 1936, véxase Pepe Miñones.

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Fillo de José Miñones Trillo e de María Mercedes Conde Mouzo.[2] O seu tio-avó foi un popular empresario republicano coruñés José Miñones, fusilado polos sublevados ao comezo da Guerra civil.[3] Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en 1997. Doutor desde o ano 2001 con Premio extraordinario, foi bolseiro na Universidade de Sevilla e na de Santiago. É profesor de Fisicoquímica na facultade de Farmacia da USC e investigador e participaba no Programa Isidro Parga Pondal.[4]

Política editar

Comezou na política en Ames, onde residía dende 1999, como vicepresidente dunha asociación de veciños e, onde chamou a atención do alcalde socialista que o incluíu na candidatura no 2007 como independente.[5] Aos poucos, en 2009, trala dimisión doutro concelleiro, entrou no goberno municipal como foi concelleiro de Reforma Administrativa, Calidade da Administración, Novas Tecnoloxías e Sanidade.[5]

Nas municipais de 2011 volveu ser elixido concelleiro e desde o 2012 foi portavoz do Grupo Municipal Socialista liderando a oposición ao alcalde do Partido Popular, xa como como militante sociañista.[5] Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG á alcaldía de Ames, obtendo 4 concelleiros, pero foi elixido alcalde cos votos dos catro concelleiros de Ames Novo, dos tres de Contigo Pódese e os dous do BNG.[6] Nas eleccións municipais de 2019 foi escollido de novo alcalde de Ames.[7]

Miñones renunciou á alcaldía[8] o 29 de marzo de 2021 ao darse a coñecer que sería nomeado Delegado do Goberno en Galicia no consello de ministros do día seguinte, relevando a Javier Losada de Azpiazu.[9]

O 27 de marzo de 2023, como consecuencia dunha remodelación do goberno, Pedro Sánchez nomeouno Ministro de Sanidade.[10]

Notas editar

  1. "Real Decreto 209/2021, de 30 de marzo, por el que se nombra Delegado del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia a don José Manuel Miñones Conde". boe.es (en castelán). («BOE» núm. 77, p. 36.572). 31 de marzo de 2021. Consultado o 2 de abril de 2023. 
  2. "Fallece la madre del delegado del Gobierno en Galicia, José Miñones". Europa Press. 2 de maio de 2021. 
  3. Corral, Marta (28 de marzo de 2023). "José Miñones, nuevo Ministro de Sanidad y la trágica historia de su tío abuelo fusilado en el 36". elmundo.es (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023. 
  4. Redacción (27 de marzo de 2023). "José Manuel Miñones Conde, exdelegado del Gobierno en Galicia, nuevo ministro de Sanidad". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Garrido Triñanes, Mateo (28 de marzo de 2023). "El alcalde que vio en Sánchez a un líder". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023. 
  6. El socialista José Miñones, nuevo alcalde de Ames. www.lavozdegalicia.es, 13/06/2015 (en castelán)
  7. Ames tendrá un gobierno tripartito
  8. "José Miñones renuncia como alcalde en Ames para ser delegado do Goberno en Galicia | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-03-30. 
  9. Redacción. "Losada cesa como delegado do Goberno na Galiza, cargo que pasa ocupar o alcalde de Ames". Nós Diario. Consultado o 2021-03-30. 
  10. "José Miñones, de alcalde de Ames a ministro de Sanidad en apenas dos años". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-03-27. Consultado o 2023-03-27. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Santiago Amor
  
Alcalde de Ames
 
2015 - 2021
Sucesor:
Blas García Piñeiro
Predecesor:
Javier Losada
  
Delegado do goberno en Galicia
 
2021-2023
Sucesor:
Xosé Ramón Gómez Besteiro
Predecesor:
Carolina Darias
  
Ministro de Sanidade
 
desde 2023
Sucesor:
Mónica García