Ames Novo é un movemento cidadán e político creado no concello de Ames que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015.

Ames Novo
Ideoloxíagaleguismo e Democracia Participativa
Data de fundación2015
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

A candidata á alcaldía foi Pilar Candocia,[1][2] anteriormente concelleira de Educación vencellada ao BNG.[3] No movemento participan diversos partidos políticos, coma Anova, Compromiso por Galicia, Esquerda Unida, Equo e Espazo Ecosocialista Galego.[4] A diferenza de noutras candidaturas cidadás Podemos non participa nesta lista, senón que promoveu outra candidatura: Contigo Pódese.[5] Nas eleccións, Ames Novo foi a terceira forza máis votada con 2.474 votos (17,94%) e 4 concelleiros.

Non se presentou ás eleccións municipais de 2023, e tampouco se disolveu[6] pretendendo presentar candidatura nas eleccións municipais de 2027.[7]

  1. Redacción (02/03/2015). "As eleccións da lista de Ames Novo baten o récord dunhas primarias en Galicia". Galicia Confidencial. Consultado o 2024-07-29. 
  2. "Pilar Candocia, candidata de Ames Novo: «Vencer á dereita é o noso obxectivo»". lavozdegalicia.es (en castelán). 13 de abril de 2015. Consultado o 29 de xullo de 2024. 
  3. Franjo, F. (27 de outubro de 2006). "Pilar Candocia deja su cargo en la Corporación de Ames". galiciahoxe.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2015. Consultado o 29 de xullo de 2024. 
  4. Pérez Pena, Marcos (2014-07-15). ""Propoñemos un proceso liderado pola cidadanía para gobernar Ames"". Praza Pública. Consultado o 2024-07-29. 
  5. Redacción (2015-03-13). "La candidatura «Contigo pódese» celebra hoy primarias". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2024-07-29. 
  6. Redacción (12 de abril de 2023). "Ames Novo confirma que no se presentará a las elecciones locales". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de xullo de 2024. 
  7. Redacción (11 de abril de 2023). "Ames Novo non concorrerá ás eleccións do 28-M e pon o foco en 2027". nosdiario.gal. Consultado o 29 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar