Ferrol en Común é un movemento cidadán e político creado na cidade de Ferrol que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. O candidato foi o membro de Esquerda Unida Jorge Suárez.[1] No movemento participaron diversos partidos políticos, como Esquerda Unida, Anova e membros de Podemos a título individual.[2]

Ferrol en Común
Logo
Tipopartido político
Data de fundación2015
PaísEspaña
Na rede
http://www.ferrolencomun.es
Twitter: ferrolencomun Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Jorge Suárez.

Nas eleccións municipais de 2015 FeC foi o segundo partido máis votado (7 142 votos, 21,98%), conseguindo 6 asentos no concello.[3] Ao ser a forza de esquerdas máis votada, Jorge Suárez saíu elixido como alcalde cos votos de FeC, o Partido dos Socialistas de Galicia e o Bloque Nacionalista Galego.[4]

Nas eleccións municipais de 2019 conseguiron tres escanos, a metade que na lexislatura anterior, pasando a ser a terceira forza, por detrás de PP e PSdeG.[5]

  1. "Jorge Suárez, candidato por unanimidad de Ferrol en Común". La Voz de Galicia. 10 de abril de 2015. Consultado o 12 de decembro de 2018. 
  2. "EU, Anova e independientes, a la cabeza de Ferrol en Común". Diario de Ferrol. 9 de abril de 2015. Consultado o 12 de decembro de 2018. 
  3. "Ferrol". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 23-6-2019. 
  4. "Jorge Suárez, alcalde de Ferrol con los votos de PSOE y BNG". europapress.es (en castelán). 13-6-2015. Consultado o 23-6-2019. 
  5. "ELECCIÓNS LOCAIS 2019". Ministerio do Interior. 28-5-2019. Arquivado dende o orixinal o 25-06-2019. Consultado o 22-6-2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar