Marea de Vigo

Organización política galega

Marea de Vigo foi un movemento político creado na cidade de Vigo o 12 de setembro de 2014,[1] que se presentou ás eleccións municipais do 25 de maio de 2015.[1]

Marea de Vigo
Logo
Tipopartido político
Data de fundación2014
PaísEspaña
Na rede
http://mareadevigo.org
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A candidatura presentouse oficialmente o 18 de marzo do 2015 despois dun proceso de primarias[2] e saíu Rubén Pérez, membro de Esquerda Unida, como o candidato da Marea. A candidatura foi apoiada por Esquerda Unida e Anova, que conseguiron tres escanos no concello de Vigo,[3] mais non foi apoiada nin por Podemos,[1] nin por Equo ou Piratas de Galicia, pois estes dous últimos presentáronse nunha lista con Vigo en común.[4][5][6]

Nas eleccións de 2019 conseguiron dous escanos no concello de Vigo.[3] Un para o líder da coalición, Rubén Pérez e outro para a poeta Oriana Méndez, membro de Anova-Irmandade Nacionalista.

Nas eleccións de 2023 quedaron fóra do concello de Vigo ao non chegar ao limiar mínimo do 5% requirido para obter representación na corporación municipal.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Terán, Davide (8 de marzo de 2015). "A retirada de Podemos frustra as candidaturas cidadás en Vigo". sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2019. Consultado o 1 de febreiro de 2019. 
  2. EFE (18 de marzo de 2015). "La Marea de Vigo presenta en sociedad su candidatura a las elecciones municipales". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Resultados municipais 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 31 de maio de 2019. 
  4. Europa Press (15 de abril de 2015). "Equo-Piratas presenta su candidatura en Vigo". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024. 
  5. Albaladejo, Antonio (15 de abril de 2015). "Equo-Piratas, se presenta a las Elecciones Municipales en Vigo con “cero euros” y para “devolver el poder a los vecinos”". vigoalminuto.com (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024. 
  6. Punzón, Carlos (24 de marzo de 2015). "Vigo en Común, Equo y Piratas de Galicia se presentarán en coalición en las municipales". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar