Jorge Suárez
Jorge Juan Suárez Fernández, nado en Vigo o 27 de decembro de 1975, é un político galego.
Jorge Suárez | |
---|---|
![]() | |
Jorge Juan Suárez Fernández | |
![]() Alcalde de Ferrol | |
Período | 2015-2019 |
Antecesor | José Manuel Rey Varela |
Sucesor | Ángel Mato |
Datos persoais | |
Nacemento | 27 de decembro de 1975 |
![]() | |
Organización | Ferrol en Común |
Profesión | Funcionario, político |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
Nado en Vigo, é o quinto de oito irmáns[1]. A súa familia partiu de Ferrol pola crise do naval en 1973 cando seu pai, que traballara en Astano, marchara a buscar traballo en Vulcano.[2] Está casado cunha ferrolá e ten dous rapaces. Volveu a Ferrol en 2009, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
Foi coordinador da área de Traballo, Economía e Social de Esquerda Unida en Ferrol, funcionario xudicial en varias cidades de España ata que foi destinado ao Ministerio de Xustiza adscrito á Fiscalía de Menores da Coruña e delegado sindical de CCOO.
Alcalde de Ferrol Editar
Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura de Ferrol en Común e foi elixido alcalde co apoio de PSdeG-PSOE e BNG.
Defínese como un home de paz que reivindica os seus ideais comunistas dende o respecto nun estado laico. Declarou que non financiaría con cartos do Concello a Semana Santa ferrolá. Unha das súa primeiras decisións foi baixar o soldo do alcalde por baixo dos 40 000 euros.
Recibiu múltiples críticas polo seu xeito descoidado e informal no seu vestir, tanto de xeito privado como en actos oficiais.[3]
Nas eleccións municipais de 2019 repetiu como candidato de Ferrol en Común. O seu partido foi a terceira forza máis votada, ao pasar de 6 a 3 concelleiros, e deu o seu apoio na investidura ao candidato do PSdeG Ángel Mato, que se converteu no novo alcalde de Ferrol.[4]
Predecesor: José Manuel Rey Varela |
Alcalde de Ferrol 2015 - 2019 |
Sucesor: Ángel Mato |
Notas Editar
- ↑ "Jorge Suárez, de Ferrol en Común, alcalde de Ferrol para que "impere la justicia social"". elcorregogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 20-08-2015. Consultado o 13-12-2017.
- ↑ "Jorge Suárez «on the road», un día con el candidato de Ferrol en Común". ferrol360.es. Consultado o 13-12-2017.
- ↑ Soler Montagud, Alberto (19-09-2015). "La andrajosa estética del alcalde de Ferrol". nuevatribuna.es. Consultado o 14-12-2017.
- ↑ "El socialista Ángel Mato, alcalde número 11 de la democracia en Ferrol". La Voz de Galicia. 15 de xuño de 2019.