Santiago Amor
Santiago Vicente Amor Barreiro,[1] nado o 3 de agosto de 1973 en Santiago de Compostela, é un político galego do PPdeG. Dende maio de 2011 ata xuño de 2015 foi alcalde electo do concello de Ames.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1973 (51 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Ames | |
2011 – 2015 ← Carlos Fernández Castro – José Miñones Conde → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Ames |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarMembro dunha familia coñecida de Santiago de Compostela, posuidora dunha inmobiliaria, vencellouse ao Partido Popular dende a súa mocidade. Foi vicepresidente do Consello da Xuventude de Galicia en representación de Novas Xeracións, tesoureiro do Obradoiro CAB e membro do comité executivo da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
Residente na vila do Milladoiro, nas eleccións municipais de 2007 presentouse como candidato polo PPdeG á alcaldía de Ames, pero colleitou uns malos resultados, perdendo un concelleiro e deixando de ser a primeira forza amiense. Nas municipais de 2011 repetiu como candidato a alcalde e obtivo a maioría absoluta, co 45% dos votos. No ano 2015, gañou as eleccións (4 concelleiros) por so 8 votos ao PSdeG-PSOE, pero os votos de PSdeG-PSOE (4 concelleiros), Ames Novo (4 concelleiros), Contigo Pódese (3 concelleiros) e BNG (2 concelleiros) fixeron alcalde ao socialista José Miñones.
Predecesor: Carlos Fernández Castro |
Alcalde de Ames 2011 - 2015 |
Sucesor: José Miñones Conde |
Notas
editar- ↑ El alcalde de Ames se querella contra miembros del PP por "sus insinuaciones sobre su patrimonio" Arquivado 18 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.. www.elcorreogallego.es, 14/05/2011 (en castelán)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.