O Milladoiro, Biduído, Ames
O Milladoiro é un núcleo de poboación da parroquia de Biduído, no concello coruñés de Ames. Segundo o INE, no ano 2018 tiña unha poboación de 12.848 habitantes (6.107 homes e 6.741 mulleres), o que supón un aumento con respecto o ano 2006.
O Milladoiro | |
---|---|
![]() | |
Parroquia | Biduído |
Concello | Ames |
Poboación | 12.848 hab. (2018) |
HistoriaEditar
O seu topónimo procede do latín humiliatorium, "amilladoiro", lugar onde os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela polo camiño portugués, se axeonllaban para lle dar as grazas a Deus ao ver por vez primeira as torres da catedral compostelá.
A vila está atravesada pola estrada N-550, arredor da cal foi medrando. Na década de 1970 as aldeas de Seidón, A Madalena e O Milladoiro experimentaron un progresivo crecemento como cidade-dormitorio de Santiago de Compostela.
O Milladoiro na literatura popularEditar
- Véxote no Milladoiro,/ no Faramelo, en Padrón,/ e astra pola Ponte Valga/ te vexo no corazón [1].
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de BiduídoEditar
Lugares da parroquia de Biduído no concello de Ames (A Coruña) | |
---|---|
A Agrela | Biduído de Abaixo | Biduído de Arriba | Casanova | Coira | Costoia | Fraíz | Framil | A Igrexa | O Milladoiro | A Moniña | Paramuíño | Raíces | Ventín |
Parroquias da AmesEditar
NotasEditar
- ↑ O Milladoiro é lugar da parroquia de Biduído, concello de Ames; O Faramello non está en Padrón senón que é lugar da parroquia de Ribasar, no concello de Rois; Ponte Valga é lugar da parroquia e concello de Valga. No texto: hastra