Carlos Fernández Castro
Carlos Antonio Fernández Castro, nado o 9 de xullo de 1956 en Santiago de Compostela, é un político galego. É diplomado en Relacións Laborais pola USC.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1956 (68 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Ames | |
2003 – 2011 – Santiago Amor → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Carreira política
editarComezou como concelleiro polo PSdeG-PSOE no concello de Santiago de Compostela entre 1983 e 1987, onde ostentou as delegacións de Persoal, Reforma Administrativa, Seguridade Cidadá e Tráfico, e Normalización Lingüística. Foi deputado provincial da Deputación da Coruña de 1983 a 1990. Nas eleccións de 1987 preséntase, por vez primeira, como candidato á alcaldía do concello de Ames, cargo que non acadará nas sucesivas eleccións ata as eleccións do 2003, cando resulta elixido grazas á suma dos votos do BNG. Nas eleccións do 2007, xa con maioría simple, opta polo goberno en minoría que mantería durante catro anos. A finais de 2010 ten que enfrontarse a unha importante folga de traballadores do lixo e nos comicios de 2011 sae derrotado polo PPdeG, que consegue a maioría absoluta.
Outros cargos
editarNo sindicato UGT-Galicia destaca o traballo na Secretaría de Organización, entre outros cargos a nivel galego e estatal. Tamén formou parte do Consello Galego de Relacións Laborais na primeira etapa da súa fundación. En novembro de 2007 foi elixido presidente da Fegamp, apoiado polo maior peso de PSdeG e BNG en concellos e deputacións. Porén, logo das municipais de 2011 o PPdeG colleitou a maior parte das alcaldías e tres das catro deputacións, co que a finais de ano Carlos Fernández tivo que deixar a presidencia. Fernández non abandonou a FEGAMP, con todo, e pasou a ocupar un posto executivo interno, abandonando a vida política e renunciando á concellería no concello de Ames.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar
Predecesor: Xosé Astray Lorenzo |
Alcalde de Ames 2003 - 2011 |
Sucesor: Santiago Amor |
Predecesor: Xosé Crespo |
Presidente da Fegamp 2007 - 2011 |
Sucesor: Xosé Manuel Rey |