Xosé Crespo
José Crespo Iglesias, nado en Xaxán (Lalín) o 12 de maio de 1959, é un político galego do PPdeG.
Xosé Crespo | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1959 |
Lalín | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Irmáns | Antonio Crespo Iglesias |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou no Seminario de Lugo e iniciou estudos de Filoloxía na Universidade de Santiago. Comezou a súa carreira política como pedáneo da súa parroquia. Participou na constitución da cooperativa Aprodeza, da que foi presidente. En 1987 foi elixido concelleiro polo Partido Popular na lista que encabezaba Xosé Cuíña. Cando Cuíña foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra sucedeuno como alcalde de Lalín o 3 de febreiro de 1990. Continuou como alcalde de Lalín ao gañar as eleccións de 1991, 1995, 1999, 2003, 2007 e 2011 con maioría absoluta.
É secretario comarcal do Partido Popular do Deza e foi vicepresidente da Deputación de Pontevedra.
O 4 de decembro de 2003 converteuse en presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), posto que ocupou ata 2007. O 31 de maio de 2005 accedeu á vicepresidencia do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp), posto que abandonou o 19 de setembro de 2015.
Designado coordinador da campaña electoral para as eleccións autonómicas de 2005, o 15 de xaneiro de 2006 foi nomeado secretario de organización do PPdeG.
Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado por pola provincia de Pontevedra e foi elixido senador.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
- Lista de senadores galegos desde a Transición
- Eleccións municipais en Lalín
- Federación Galega de Municipios e Provincias
Ligazóns externasEditar
Predecesor: Xosé Cuíña Crespo |
Alcalde de Lalín 1990 - 2015 |
Sucesor: Rafael Cuíña |
Predecesor: Rafael Cuíña |
Alcalde de Lalín 2019 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Predecesor: Manuel Cabezas |
Presidente da Fegamp 2003-2007 |
Sucesor: Carlos Antonio Fernández Castro |