Manuel Cabezas
Manuel Jaime Cabezas Enríquez, nado en Ourense o 14 de novembro de 1953, é un empresario e político galego.
Manuel Cabezas | |
---|---|
Nome completo | Manuel Jaime Cabezas Enríquez |
Nacemento | 14 de novembro de 1953 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Enxeñeiro agrónomo, comezou a súa carreira profesional como xerente da Cooperativa Vinícola do Ribeiro. Membro do Partido Popular, foi deputado pola provincia de Ourense no Congreso dos Deputados (1993-1995) e despois alcalde de Ourense desde 1995 ata 2007. Foi o primeiro alcalde popular en celebrar unha voda entre persoas do mesmo sexo, polo que recibiu a crítica do bispo de Ourense, Luís Quinteiro Fiúza. No ano 2006 anunciou que non se presentaría ás eleccións municipais de 2007, e dimitiu como alcalde en xaneiro de 2007, deixándolle o seu posto ao vindeiro candidato do PP Enrique Nóvoa López. Porén mantivo o escano no Senado que ocupou desde o 2004 e no que cesou no ano 2008. Dende esa data volveu adicarse á actividade empresarial ata que o seu partido escolleuno de novo para encabezar a súa candidatura na cidade de Ourense nas eleccións municipais de 2023[1].
NotasEditar
- ↑ "Cabezas xa é o candidato oficial do PP para Ourense co obxectivo de rematar coa era Jácome". Galicia Confidencial. 2 de agosto de 2022.
Predecesor: Manuel Veiga Pombo |
Alcalde de Ourense 1995−2007 |
Sucesor: Enrique Nóvoa López |
Predecesor: Julio Álvarez Núñez |
Presidente da Fegamp 1999−2003 |
Sucesor: Xosé Crespo Iglesias |
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Outros artigosEditar
- Eleccións municipais en Ourense
- Lista de senadores galegos desde a Transición
- Federación Galega de Municipios e Provincias
Ligazóns externasEditar
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 21 de outubro de 2020 en Wayback Machine.
- Ficha no Senado