Xaxán, Lalín

parroquia civil do concello de Lalín

Santa María da Saleta de Xaxán é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 182 habitantes (98 mulleres e 84 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 187 habitantes.

Xaxán
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°40′33″N 8°06′43″O / 42.6756951, -8.1119196
Área2 km²
Poboación182 hab. (2011)
Densidade91 hab./km²
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A antiga parroquia de San Cristovo da Pena desapareceu na reforma parroquial de 1890 coa creación da parroquia de Santa María das Dores de Lalín. Erixiuse como nova cabeza da freguesía a aldea de Xaxán, edificouse un novo templo e déuselle un novo titular, Santa María da Saleta. O antigo patrón, San Cristovo, segue a ser festexado no novo templo (a igrexa). Na capela tamén hai outro patrón, San Bieito, cunha gran romaría.

Nesta parroquia naceu o alcalde de Lalín Xosé Crespo.

Patrimonio

editar

O castro de Xaxán, tamén chamado da Pena ou de Barreira, é de pequenas dimensións. Ten unha planta circular que presenta as seguintes medidas: no eixo N-S mide 18 m no interior e uns 35 m no exterior. Se se inclúe o foxo, é de 46 m. No eixo O-L mide 22 m no interior e 42 m polo exterior. A altura máxima acadada é duns 1,5 m, no lado leste.[2]

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Xaxán

editar
Lugares da parroquia de Xaxán no concello de Lalín (Pontevedra)

Carragoso de Arriba | A Pena | O Souto | Xaxán

Parroquias de Lalín

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar