A Xesta, Lalín
San Fiz da Xesta é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 252 habitantes (127 homes e 125 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 271 habitantes.
A Xesta | |
---|---|
Igrexa de San Fiz da Xesta. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°37′05″N 8°06′58″O / 42.618, -8.116Coordenadas: 42°37′05″N 8°06′58″O / 42.618, -8.116 |
Área | 5 km² |
Poboación | 252 hab. (2011) |
Densidade | 50,4 hab./km² |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
Ademais da igrexa parroquial, de sobria feitura, destaca a casa local dos Crespo.
Hai unha pequena fervenza, que forman as augas do río Asneiro.
FestasEditar
O patrón da parroquia é San Fiz, pero o refraneiro popular proclama a fama da romaría da Virxe do Carme: “Festa por festa o Carme da Xesta”. A Virxe é venerada nunha pequena capela, o día da festa facíase subir un gran fol confeccionado por unha familia da parroquia.
Actividade culturalEditar
Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música da Xesta.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares da XestaEditar
Lugares da parroquia da Xesta no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Carrás | Carreiras | A Fervenza | Fondo da Xesta | O Foxiño | Medelo | O Navallo | O Pazo | Pontenoufe | San Fiz | Sante | A Vila | A Xesta |
Parroquias de LalínEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- A Xesta na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.