Botos, Lalín
San Xoán de Botos é unha parroquia do concello de Lalín. En 2018 tiña 524 habitantes (296 homes e 296 mulleres), 132 menos ca en 1999. Ten 15 entidades de poboación.
Botos | |
---|---|
Igrexa de San Xoán de Botos. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°38′43″N 8°08′38″O / 42.645277777778, -8.1438888888889 |
Área | 5,8 km² |
Poboación | 592 hab. (2011) |
Densidade | 102,07 hab./km² |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarPola parroquia atravesa a liña de ferrocarril A Coruña-Madrid e nela está situada a estación de Lalín. Tamén a atravesa a Autoestrada Central Galega e a liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.
Na parroquia esta o polígono industrial de Botos.
Patrimonio
editarBotos conserva dous pequenos castros, a cada lado do río Deza. O castro de Sestelo está composto por un recinto circular cun amplo sistema de defensas exteriores no sector setentrional. A coroa ten unha lonxitude de 75 m no interior e 110 m no exterior, no eixo norte-sur. Sese teñen en conta tamén as defensas externas, a lonxitude total do castro neste eixo é de 250 m. No eixo leste-oeste, a lonxitude no interior da coroa é de 55 m e no exterior 90 m. O recinto principal está rodeado por un terraplén cunha altura de 6 m a 7 m no sector oeste da coroa. Cara ao leste e sur, o terraplén ten continuidade coa caída natural do terreo. Presenta parapeto nos sectores suroeste, oeste e norte que acada unha altura máxima de 3 m no sector noroeste. No interior da coroa hai unha zona máis elevada no sector meridional con caída duns 5 m cara ao nordés. Nesta zona remata o parapeto e está o acceso a través dunha rampla en curva.[2]
Na igrexa parroquial consérvanse a portada modificada e a pía bautismal do románico. Ten dous retablos nos laterais do século XVIII e unha imaxe da Virxe, que aparece co Neno Xesús nos brazos.
Preto da igrexa parroquial hai un cruceiro destacable.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Botos, Lalín.
-
Edificio da Estación.
-
Cruceiro en Botos, Botos.
-
Centro social de Botos.
-
Viaduto da Liña de Alta Velocidade Olmedo-Galicia ao seu paso por Botos.
-
Vista parcial da aldea do Reguengo.
-
Tosta do río do Reguengo.
-
Centro social da parroquia de Botos.
-
Monólito de recoñecemento ao artista da parroquia Willy.
Lugares e parroquias
editarLugares de Botos
editarLugares da parroquia de Botos no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Ateán | Barreiro | Baxán | Botos | A Bouza | A Estación | Fontao | Padrón | O Porto | Reguengo | A Ribeira | Sestelo | Somoza | Vilamaior | Vilar |
Parroquias de Lalín
editar
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Botos na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.