Abrir o menú principal

Coordenadas: 42°42′05″N 8°04′15″O / 42.7014926, -8.0709336

A Veiga
Igrexa de San Ramón da Veiga, Lalín.JPG
Igrexa de San Ramón da Veiga.
ConcelloLalín
Área8 km²
Poboación95 hab. (2011)
Densidade11,88 hab./km²
Entidades de poboación4

San Ramón da Veiga é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 95 habitantes (51 homes e 44 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 125 habitantes.

HistoriaEditar

A Veiga é a única parroquia de nova creación no concello dende a reordenación diocesana de 1893. Pertenceu a Goiás, e o lugar de Carballeda que lle foi adxudicado, foi antes de Moimenta.

Nesta parroquia naceu o lingüista César Oro García.

PatrimonioEditar

O castro da Veiga ou da Ponte levántase sobre un montículo entre dous cursos de auga. Consta dun único recinto de forma case circular, aínda que cun pequeno alongamento cara ao sur. O recinto, no seu eixo N-S, mide 65 m ao interior e 85 ao exterior. No eixo L-O mide 60 m no interior e 80 m ao exterior. Está defendido en todo o seu perímetro por un terraplén que se continúa cun forte declive natural cara ao río polo oeste, norte e leste da estrutura. O seu punto máis vulnerable, ao sueste, está reforzado cun foxo duns cinco metros de ancho. O foxo foi escavado nun punto onde existe un afloramento rochoso de xisto que funcionaría como parapeto natural. Moi posiblemente a entrada orixinal ao recinto coincidiría con este punto.[1]

A igrexa de San Ramón da Veiga é de factura neoclásica, con torre barroca, construída sobre a que foi antiga capela -santuario de San Ramón- que segue celebrando a súa romaría do San Ramón.

O cruceiro das Procesións ten dúas imaxes e os símbolos da paixón.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar