Madriñán, Lalín
parroquia civil do concello de Lalín
Santo Adrao de Madriñán é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 148 habitantes (74 mulleres e 74 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 180 habitantes.
Madriñán | |
---|---|
Igrexa de Santo Adrao de Madriñán. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°42′31″N 8°10′56″O / 42.7085384, -8.1821732 |
Área | 1,9 km² |
Poboación | 148 hab. (2011) |
Densidade | 77,89 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editar- O pazo de Anzuxao, do século XVIII, no lugar de Anzuxao.
- Cruceiro de Madriñán.
- Igrexa de Santo Adrao.
- O castro de Madriñán, conformado a partir dun único recinto de planta oval, coas seguintes dimensións: o eixo N-S mide uns 95 m no interior e 130 m ao exterior. O eixo O-L mide 65 m no interior e 90 m polo exterior. Se se teñen en conta tamén as defensas exteriores (foxo), a lonxitude é de 115 m. Conserva o parapeto en todo o seu perímetro, agás nas zonas en que foi destruído por actividades antrópicas, en concreto no sector nordés e puntualmente no noroeste. A altura interior do parapeto está entre 2 m e 4 m.[2]
Galería de imaxes
editar-
Cruceiro de Madriñán.
-
Fonte en Madriñán.
Lugares e parroquias
editarLugares de Madriñán
editarLugares da parroquia de Madriñán no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Anzuxao | A Goleta | A Grela | Madriñán | Martín | O Pazo | O Piñeiro | Portos | Santradao | A Torre |
Parroquias de Lalín
editar
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Madriñán na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.