Castro de Cabras, Lalín
San Pedro de Castro de Cabras é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 112 habitantes (56 mulleres e 56 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 134 habitantes.
Castro de Cabras | |
---|---|
Igrexa e cemiterio de San Pedro de Castro de Cabras. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°38′59″N 8°00′40″O / 42.6497183, -8.011225 |
Área | 10 km² |
Poboación | 112 hab. (2011) |
Densidade | 11,2 hab./km² |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarO castro de Castro de Cabras foi estudado por investigadores da cultura castrexa, como Fermín Bouza Brey, Florentino López Cuevillas ou Alfredo García Alén. aparece definido por un recinto de forma triangular redondeada con eixo maior de orientación NS que mide 75 m de lonxitude, tomados no seu interior. No seu eixo menor ten uns 55 m de medida máxima. As defensas naturais, moi marcadas especialmente na súa metade norte, compleméntanse cun terraplén de terra que percorre o seu perímetro. Na zona oriental do recinto destaca un gran afloramento rochoso que determina que a superficie da coroa presente unha acusada inclinación cara ao oeste, respectando a configuración natural do terreo. A presenza desde afloramento pode levar a confundir nalgún punto a subida do terreo coa existencia dun parapeto que, polo menos nas zonas que puideron ser inspeccionadas, non parece claro. Na zona setentrional pódese identificar unha sondaxe de 1,80 m por 3 m que, segundo informante local (do mesmo xeito que outros buratos detectados), se debe a traballos de furtivos.[2]
A igrexa de San Pedro de Castro de Cabras é románica, conserva a portada, o arco triunfal e os capiteis, pero a fábrica primitiva foi totalmente reformada.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Castro de Cabras, Lalín.
-
Portada da igrexa de San Pedro de Castro de Cabras.
-
Cruceiro de Castro de Cabras.
Lugares e parroquias
editarLugares de Castro de Cabras
editarLugares da parroquia de Castro de Cabras no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Castro | Eirexe | Froxán | As Tecedeiras |
Parroquias de Lalín
editar
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Castro de Cabras na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.