Rodís, Lalín
San Xiao de Rodís é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 113 habitantes (58 mulleres e 55 homes), 27 menos que en 1999.Ten catro entidades de poboación,
Rodís | |
---|---|
Igrexa de San Xiao de Rodís. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°45′17″N 8°05′17″O / 42.754666666667, -8.0880833333333 |
Área | 2 km² |
Poboación | 113 hab. (2011) |
Densidade | 56,5 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está situada na confluencia dos ríos Cello e Arnego, linda con Cangas, parroquia da que antes formaba parte.
Xentilicio
editarO seu xentilicio é rodiseiro[2].
Historia
editarRodís foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando pasou a ser anexo de Santa Mariña de Cangas.
Patrimonio
editarA igrexa de San Xiao de Rodís é románica, e conserva a súa estrutura orixinal: corpo de pedra, ábsida rectangular, porta principal con arco sobre columnas e lateral con lintel pentagonal e arco triunfal. Só o campanario barroco e a sancristía son posteriores. Nos capiteis aparecen representadas cunchas de peregrino.
A mediados do século XIX púxose en marcha na parroquia unha industria papeleira que funcionou até finais do século. O esqueleto da nave segue en pé. Ao seu carón medra unha árbore de incenso.
O castro de Palio de Riba ten un recinto principal de planta ovalada irregular cun eixo maior de orientación NL-SO, que mide uns 115 m no exterior e uns 75 no interior. O seu eixo menor ten unhas dimensións no seu punto máis ancho (na zona central) duns 85 m ao interior e uns 60 m ao interior. O recinto está defendido en todo o seu contorno por un terraplén que presenta menor caída na zona sueste, a máis afectada polo labor agrícola. As súas defensas no resto do perímetro son impoñentes polo forte desnivel, cunha caída máxima duns 6 m. Segundo o plano topográfico e o modelo dixital do terreo (extraído dos datos LIDAR) vense tamén o que poderían ser restos dun foxo na zona NL, defendido por un parapeto exterior, mais a densidade da vexetación neste punto dificulta a súa determinación. A coroa na súa beira leste aparece defendida por un parapeto aparentemente de terra que se estende ao longo duns 30 metros cunha anchura de 2 m. O desnivel cara ao interior é de 1 m e 2 m polo exterior. A entrada sitúase no sur-suroeste e vén marcada por unha interrupción do terraplén. Na zona NNO aparecen restos dun foxo, aínda que a densa vexetación neste punto dificulta a súa inspección.[3]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Rodís, Lalín.
-
Portada occidental da igrexa de San Xiao de Rodís.
-
Porta lateral da igrexa.
-
Papeleira de Rodís.
-
Papeleira de Rodís.
Lugares e parroquias
editarLugares de Rodís
editarLugares da parroquia de Rodís no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Os Chaos | O Muíño | Palio de Abaixo | Palio de Arriba | Raña | Rodís da Igrexa | Rodís do Cabo | Rodís do Medio |
Parroquias de Lalín
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 26. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ Ficha arqueolóxica do castro de Palio de Riba Arquivado 05 de decembro de 2017 en Wayback Machine..
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Rodís na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.