Palmou, Lalín
San Xoán de Palmou é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 167 habitantes (84 mulleres e 83 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 225 habitantes.
Palmou | |
---|---|
Igrexa de San Xoán de Palmou. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°43′54″N 8°07′49″O / 42.7315618, -8.1303302 |
Área | 4,5 km² |
Poboación | 167 hab. (2011) |
Densidade | 37,11 hab./km² |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarCo plan de arranxo da diocese lucense de 1890 foi suprimida a parroquia de San Pedro de Erbo e integrada na de Palmou.
Patrimonio
editarA igrexa é de arquitectura románica. O seu tímpano, coa representación da loita de Sansón e o león, peza dada a coñecer por Xosé Ramón Fernández-Oxea nos anos trinta do século XX, é a cabeza de serie dun grupiño de sete tímpanos co mesma escena. Saído ilegalmente de España, o seu rastro foi atopado por Carlos Sastre Vázquez,[2] e recuperado pola Deputación de Pontevedra. Hoxe exhíbese no Museo de Pontevedra.
O castro de Palmou está definido por un recinto principal de forma tendente a oval e de orientación aproximada nordés-suroeste ao que se acaroa un segundo recinto polo N e NL. A coroa ten un eixo maior duns 80 m ao interior e 100 m ao exterior. No eixo menor mide 75 m ao exterior e 60 ao interior. O seu perímetro aparece defendido, excepto na esquina sueste, por un terraplén que alcanza un maior resalte na metade oeste cunha caída máxima duns 8 m. Nas zonas sur e oeste o terraplén aparece reforzado polo exterior cun foxo que nalgún punto non é doado de identificar pola densa vexetación. Na zona oriental o sistema defensivo aparece bastante desmantelado. A entrada á coroa, probablemente estivese situada no cuadrante sueste, que é a zona máis modificada polos labores agrícolas.[3]
Galería de imaxes
editar-
Igrexa de San Xoán de Palmou.
-
O tímpano da igrexa.
-
Muro norte da igrexa.
-
Canzorros no muro norte da igrexa.
-
Capitel dereito da portada meridional da igrexa.
-
Canzorros no muro sur da igrexa.
-
Canzorros no muro sur da igrexa.
Lugares e parroquias
editarLugares de Palmou
editarLugares da parroquia de Palmou no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
O Barreirón | O Campo da Estrada | A Cima de Rielo | O Couto | Erbo de Abaixo | Erbo de Arriba | A Estrada | Palmou | Pazos | A Pedreira | Quintá | Regufe | Rielo | As Tabernas |
Parroquias de Lalín
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Os sete tímpanos galegos coa loita de Sansón e o león. A propósito da posible recuperación dunha peza do noso patrimonio", Anuario Brigantino 2003
- ↑ Ficha arqueolóxica do castro de Palmou Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine..
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Palmou na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.
- O tímpano en Claustro.com (en castelán)