Erbo, Lalín
San Pedro de Erbo foi unha parroquia do concello de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 47 habitantes distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto do ano 2004 cando tiña 51 habitantes.
Erbo | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Erbo. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Área | 2,2 km² |
Poboación | 47 hab. (2011) |
Densidade | 21,36 hab./km² |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarSan Pedro de Erbo foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada na de San Xoán de Palmou. Os veciños loitaron para sobrevivir como parroquia, chegando incluso a facer marchas a Lugo para impedir a supresión. Con todo, en 2018 o goberno lalinés seguía a contar Erbo como parroquia a nivel organizativo municipal, así como desde o punto de vista social, posuíndo deste xeito o seu correspondente alcalde de barrio.[2][3]
Estaba formada polos lugares de Corvillón, Erbo de Abaixo e Regufe.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Ramos, Rocío (24 de xaneiro de 2016). "Lalín inicia el día 10 el proceso de elección de alcaldes de barrio". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Cajaraville, Héctor (2018). "Cal é o concello galego con maior número de parroquias rurais?" (PDF). cajaraville.eu. pp. 9–12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xuño de 2020. Consultado o 23 de xuño de 2020.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Erbo na web do concello de LalínArquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine.