Héctor Cajaraville

escritor e profesor galego

Héctor Cajaraville Araújo, nado en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1974, é un xornalista, profesor e escritor galego.

Modelo:BiografíaHéctor Cajaraville

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, profesor de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX5236547 AELG: 515

Traxectoria

editar

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo) e o Concello de Santiago, así como nos diarios galegos La Voz de Galicia ou De Luns a Venres.

Nos anos académicos 2009/2010 e 2010/2011, respectivamente, cursou os másters en Lingüística Galega e Edición da Universidade de Santiago de Compostela e reorientou a súa actividade cara ao ámbito editorial.[1]

É profesor de secundaria na materia de Lingua e Literatura Galega.[2]

Presentación de Héctor Cajaraville do libro Denébola a Roxa na feira do libro da Coruña en 2017.

Narrativa

editar

Infanto-xuvenil

editar

Biografías

editar
Entrevista a Héctor Cajaraville en 2017.

Poesía

editar
  • Cordura transitoria (2022). Boiro: Thíasos (EDLG do IES Espiñeira). Col. Inesgotábeis. Edición non venal.

Traballos académicos, dicionarios e libros de texto

editar
  • «A manipulación das expresións fixas na prensa gratuíta: De Luns a Venres» (2010). En Cadernos de fraseoloxía galega, 12. Centro de Investigacións Ramón Piñeiro / Xunta de Galicia. ISSN 1698-7861, pp. 41–68. Traballo dirixido por María Álvarez de la Granja.
  • «Ondas e mareas: palabras que van e veñen» (2011). En Cadernos de Lingua, 32. Real Academia Galega. ISSN 1130-5294, pp. 81–136. Traballo dirixido por Francisco Fernández Rei.
  • Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato (2014). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-734-5. Volume coordinado por Xosé Cid Cabido.
  • Os xogos de palabras na prensa gratuíta en galego: De Luns a Venres (2015). Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela. Colección «Limiar», nº 2. ISBN 978-84-16-18389-0. Colección dirixida por Ernesto González Seoane.
  • «Os primeiros artigos xornalísticos de Carlos Casares (La Región, 1968-1974)» (2017). En Cadernos Ramón Piñeiro XXXVII. Carlos Casares: homenaxe. De amicitia. ISBN 978-84-453-5258-8, pp. 63-80. Volume coordinado por Luís Cochón, Luís Alonso Girgado e Laura Piñeiro Pais.
  • Lingua e literatura. 1º de Bacharelato (2022). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-871-5.
  • Lingua e literatura. 2º de Bacharelato (2023). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-205-6.

Obras colectivas

editar
  • XIII certame literario de narrativa e poesía do Concello de Ames (2017). Concello de Ames. D.L. C 546-2017.
  • Longas sombras na pedra (2019). Urco Editora. ISBN 978-84-949456-8-7.
  • Cos pés no aire (2021). Deputación da Coruña, D.L. C 1849-2021. Homenaxe a Agustín Fernández Paz.
  • Fisterra. Relato curto en Galicia (2021). Ediciones Linteo. ISBN 978-84-123801-4-9.

Edición

editar

Tradución

editar

Premios

editar
  • Premio Xerais 2015 por (Edicións Xerais de Galicia) De remate.[8]
  • Finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 (Edicións Xerais de Galicia) por Quen dá a quenda?
  • Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 (Deputación da Coruña) por Vidas cruzadas (publicada finalmente baixo o título A caixiña dos rancores).
  • Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta 2016 (Concello de Lugo) por Once portas.
  • Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2016 (Baía Edicións) por Denébola a Roxa.
  • Finalista do Premio Agustín Fernández Paz 2017 (Instituto de Estudos Chairegos / Concello de Vilalba) por Kusuma.
  • Premio Merlín de Literatura Infantil 2018 (Edicións Xerais de Galicia), por Kusuma.[9][10].
  • Premio Antón Losada Diéguez de Creación Literaria 2019 (Concellos do Carballiño e Boborás / Deputación de Ourense) por Nova Nursia.[11][12]
  • Finalista do Premio María Victoria Moreno 2020 (Cuarto de Inverno) pol'Os metrosiderais.
  • Finalista do Premio Agustín Fernández Paz 2020 (Instituto de Estudos Chairegos / Concello de Vilalba) pol'Os metrosiderais.
  • Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2024 (Baía Edicións) por Aurora austral.
  1. "Héctor Cajaraville". aelg.gal. Consultado o 18/12/2018. 
  2. "Ficha do autor en Xerais". xerais.gal. 
  3. "Nova Nursia, de Héctor Cajaraville". cadernodacritica. Consultado o 18/12/2018. 
  4. "The Box of Resentments". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-27. 
  5. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18/12/2018. 
  6. "Héctor Cajaraville: "Non creo que os discursos máis insolidarios sexan os que se impoñen: a sociedade civil é máis proclive ao afecto que á aversión"". praza.gal. Consultado o 18/12/2018. 
  7. ""Fálolles aos rapaces de Antonio Fraguas, pero tamén moito da época que lle tocou vivir" - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-04-30. 
  8. CRTVG (ed.). "Cajaraville gaña o Xerais de Novela". Consultado o 7 de xuño de 2015. 
  9. "Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville, premios Xerais 2018". praza.gal. Consultado o 02/05/2018. 
  10. "Emma Pedreira, novela, Carlos Negro, literatura xuvenil, e Héctor Cajaraville, infantil, gañan o Xerais". sermosgaliza. Arquivado dende o orixinal o 04/04/2019. Consultado o 18/12/2018. 
  11. "Unha novela de Héctor Cajaraville, Premio Antón Losada Diéguez". La Voz de Galicia. 2019-04-27. Consultado o 2019-04-28. 
  12. ""O PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ DESCOBRE A SÚA FACETA COMO ARQUEÓLOGO". . . Consultado o .". boboras.gal. 22 de xuño de 2019. Consultado o 25 de agosto de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar