De luns a venres

diario de distribución gratuíta en galego

De luns a venres foi o primeiro xornal de distribución gratuíta redactado integramente en lingua galega. Comezou a publicarse en 2006 e coa integración co xornal ADN pasou a desaparecer o xornal en galego.

De luns a venres
Fundación2006
LinguaGalego
PrezoDe balde
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

Cunha tiraxe de 50.000 exemplares, que o situaba no posto trixésimo a nivel estatal en difusión e no terceiro a nivel galego, esta publicación do Grupo El Progreso distribuíase desde finais de 2006 os días laborables (de aí o seu nome) nas sete principais cidades de Galicia: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. Dende comezos de febreiro do ano 2013, o xornal pasou a ter unha distribución semanal e publicábase só os venres, aínda que mantiña a edición diaria na súa plataforma dixital.[1]

O xornalista lugués Alfonso Álvarez Riveiro dirixiu o xornal, con sede en Santiago. A redacción estaba formada por un equipo de xornalistas coordinados por Martín García Piñeiro, mentres que a dirección comarcal corría a cargo de Pedro Rodríguez Blanco.

A partir da creación do xornal electrónico Galiciae, en 2007, a web de De luns a venres foi integrada neste novo medio.

Desde o 1 de decembro de 2008 agrupouse co xornal ADN, tamén de distribución gratuíta.

O 27 de decembro de 2013, editou o seu derradeiro exemplar en papel e quedou só como dixital, xa sen cabeceira de seu, na plataforma dixital Galiciaé.[2]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar