Soutolongo, Lalín
Santa María de Soutolongo é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 290 habitantes (156 mulleres e 134 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 331 habitantes.
Soutolongo | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Soutolongo. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°37′20″N 8°10′16″O / 42.6223197, -8.1710096 |
Área | 7 km² |
Poboación | 290 hab. (2011) |
Densidade | 41,43 hab./km² |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Soutolongo e naceron os políticos Francisco Gil Taboada e Manuel Ferreiro Panadeiro.
Historia
editarA parroquia aparece citada como Saltum Longum nunha doazón feita á igrexa de Compostela en 1108 e crese que xa por entón tiñan aquí o seu castelo residencia os señores de Arias do Deza.
Patrimonio
editarO castro de Vilar está composto por un recinto central, cun amplo antecastro que se desenvolve cara ao sueste. As súas dimensión son: no eixo NL-SO mide 87 m polo interior e uns 100 m ao exterior; contando as estruturas exteriores á coroa chega aos 120 m. No eixo NO-SL mide uns 50 m no interior e 65 m polo exterior. O total do xacemento chega aos 160 m. A coroa está defendida por un terraplén artificial na súa metade leste, mentres que na zona oeste aproveita o terraplén natural cunha forte pendente cara ao río. No sector sueste hai un parapeto de terra defendendo a coroa, cunha altura máxima duns 2 m dende o interior.[2]
O pazo de Des ocupa unha superficie de 1.000 metros cadrados sobre un soar do século XV. No conxunto arquitectónico destaca o edificio central de tres corpos de corte neoclásico. Mandouno construír Francisco Gil Taboada, Vicerrei do Perú e Director Xeral da Armada.
A igrexa parroquial é dun sobrio barroco, no seu interior hai dous sepulcros pegados e outros dous con estatuas xacentes correspondentes aos señores de Des. No muro exterior pódese ver o seu escudo e os seus retratos murais na sancristía.
Outras casas fidalgas son a de Viñoa e a dos Infanzóns, na que naceu Benito Varela Jácome.
Galería de imaxes
editar-
Estatua da Virxe na fachada da igrexa de Soutolongo.
-
Escola de Soutolongo.
-
Pinturas murais da igrexa de Soutolongo.
-
Francisco Gil Taboada.
-
Aldea de Vilar
-
Vista panorámica de Vista Alegre
-
Amencer en Vista Alegre
-
Amencer en Vista Alegre
-
Hórreo
-
Pilanco da Cal
-
Casa de Nogueiras
-
Pazo de Des
Lugares e parroquias
editarLugares de Soutolongo
editarLugares da parroquia de Soutolongo no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Carracedo | Des | Eirexe | Ludeiro | O Monte | O Pazo | Soutolongo de Abaixo | O Tarreo | Vilar | Viñoa | Vista Alegre |
Parroquias de Lalín
editar
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Soutolongo na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.