Benito Varela Jácome
Benito Varela Jácome, nado en Soutolongo (Lalín) o 6 de marzo de 1919 e finado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 2010, foi un estudoso e crítico literario galego.
Benito Varela Jácome | |
---|---|
Nacemento | 6 de marzo de 1919 |
Lugar de nacemento | Soutolongo |
Falecemento | 22 de outubro de 2010 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid e Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor, catedrático, crítico literario, especialista en literatura e literary scholar |
Estudos | Filosofía e Letras |
Premios | Medalla Castelao |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fixo os estudos primarios e secundarios en Lalín. Aos 16 anos fixo unha viaxe a Arxentina, onde permaneceu un ano. Ao regreso intervén como soldado na batalla do Ebro. Cursou Filosofía e Letras, sección Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela.
O seu primeiro traballo como docente foi no colexio Minerva de Santiago de Compostela (hoxe Manuel Peleteiro). A partir de 1960 foi catedrático de Lingua e Literatura Españolas en varios institutos de bacharelato dentro e fóra de Galicia. En 1956 doutorouse pola Universidad Complutense de Madrid cunha tese titulada "Doña Emilia Pardo Bazán y las tendencias novelísticas de su tiempo". En 1977, obtén unha praza de profesor de literatura hispanoamericana na Universidad Complutense de Madrid. En 1980 trasládase á Universidade de Santiago de Compostela.
Dende finais da década de 1940 colaborou co Instituto Padre Sarmiento, dependente do CSIC.
Foi presidente de honra da Asociación Española de Estudios Literarios Hispanoamericanos dende a súa creación. O seu labor centrouse nos estudos sobre Literatura Hispanoamericana con traballos sobre Julio Cortázar, Huidobro, Buero Vallejo ou García Márquez. Pero tamén amosou gran dedicación á Literatura galega, con estudos sobre Castelao, Álvaro Cunqueiro ou Rosalía de Castro. Engádense aos anteriores traballos sobre literatura castelá centrados na obra de autores como: Valera, Larra, Clarín, Pío Baroja, Galdós, Valle-Inclán, Espronceda etc.
Tamén contribuíu de forma importante en ramas como a crítica, a teoría literaria ou a didáctica con múltiples escritos.
ObrasEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- Historia de la literatura gallega (1951). Porto Editores.
- Singraduras da narrativa galega. De Castelao a Neira Vilas (1973). Colección Ronsel. Librigal.
Estudos sobre Literatura HispanoamericanaEditar
- El cuento hispanoamericano contemporáneo (1976).
- La novela hispanoamericana del siglo XIX.
- Estructuras novelísticas de Lezama Lima (1977)
- Estructuras profundas en Pedro Páramo (1980)
- Función de los modelos culturales en la novelística de Sábato (1983)
- Tensiones españolas en la "Consagración de la primavera" (1986)
Didáctica, crítica e teoría literariaEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Homenaje a Benito Varela Jácome. Santiago de Compostela: Universidade. 2001. ISBN 84-8121-898-7.
- Antón de Deza; et al. (2005). "Varela Jácome, Benito". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, A. (1954). "VARELA JÁCOME, Benito". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 455.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.