1108
ano
O ano 1108 foi un ano bisesto, que comezou en mércores, segundo o Calendario Xuliano.
1108 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1108 MCVIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 1861 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 557 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 3804 – 3805 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 4868 – 4869 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1163 – 1164 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1030 – 1031 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4209 – 4210 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 486 – 487 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 501 – 502 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1358 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editar- 29 de maio – Ten lugar a Batalla de Uclés na que falece Sancho Afónsez, fillo e herdeiro de Afonso VI.
- Verán: Afonso VI convoca unha curia en Toledo para tratar da súa sucesión no trono. Noméase herdeira á súa filla Urraca e acórdase casala con Afonso I de Aragón[1].
- Henrique de Borgoña, defensor dos dereitos sucesorios de Afonso Raimúndez, abandona a corte de Afonso VI contrariado pola decisión. Atravesa os pireneos na procura de reforzos militares[2].
Europa
editar- 29 de xullo – Lois VI de Francia comeza o seu reinado trala morte do seu pai.
- Primeira mención aos cónsules de Bérgamo indicando que a cidade xa era unha república independente.[3]
Asia
editar- Setembro – O emperador bizantino Aleixo I Comneno e Bohemundo I de Antioquía negocian o Tratado de Devol
Nacementos
editar- Berenguela de Barcelona, infanta de Aragón (m. 1149)
- Bohemundo II de Antioquía, príncipe de Antioquía.
- Balduíno IV de Hainaut, conde de Hainaut (m. 1171).
- Leopoldo IV de Austria, margrave de Austria.
Mortes
editar- Soeiro Mendes da Maia
- 29 de xuño – Filipe I de Francia
- 5 de decembro – San Xeraldo de Braga, arcebispo de Braga.
- Nicetas de Nóvgorod, arcebispo de Nóvgorod
Notas
editar- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina.Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 56.
- ↑ Puyol y Alonso, Julio (ed.). Anónimo de Sahagún (1920 ed.). pp. 40–41.
- ↑ Kleinhenz, Christopher (2004). Medieval Italy: an encyclopedia, Volume 1. New York: Routledge. ISBN 0-415-93930-5.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1108 |