Se desexa ver o artigo relacionado coa deusa Kali, vexa Kali.

Kali yuga é un período que aparece nas escrituras hinduístas. Chámaselle era de pelexa, do sánscrito káli: ‘dado' (ou máis ben o lado do dado marcado cun un: o lado perdedor do dado) e yugá: ‘era'.

Mitoloxía

editar

A personificación de Kali

editar

Segundo o Bhagavat Purana 4.8.3, Kali é un demo de pel negra, fillo de Krodha (‘ira') e Himsa (‘violencia'). Cometeu incesto coa súa irmá Durukti (‘calumnia') e así tivo dous fillos: Bhaya (‘medo') e Mritiu (‘morte').

Aparece como un xenio malvado no episodio de Nala, no Mahabharata.

Non se debe confundir a este malvado demo Kali coa deusa Kalí.

Segundo o Mahabharata, a era de Kali comezou na media noite entre o 17 e o 18 de febreiro do 3102 a.C., no décimo segundo día da guerra de Kurukshetra (que durou en total 18 días), a noite en que os dous exércitos se negaron a deterse pola noitiña (para orar) e seguiron matándose durante toda a noite, na escuridade.

Debido á presenza do deus Krishna no planeta, a personificación de Kali non se atreveu a entrar con toda a súa forza. Pero no mesmo día da “desaparición” de Krishna (quen morreu aos 125 anos de idade), Kali entrou neste mundo mancando unha vaca de forma delictiva.

Este yuga do vicio durará exactamente 1200 anos dos deva (deuses) ou 432 000 anos dos humanos. Ao final, nacerá Kalki, o décimo e último avatar de Vishnu, que —montando un cabalo branco e brandindo unha espada— matará a toda a humanidade corrompida, e salvará aos que sigan sendo devotos de Vishnu.

Cronoloxía

editar

Segundo as escrituras védicas, os catro yugas forman un ciclo de 4 320 000 anos (un maha-yuga, ou ‘grande era'), que se repite:

  • Satyá-yuga (‘era da verdade'): a primeira era, de 1 728 000 anos de duración. A media de vida era de 100 000 anos.
  • Treta-yuga (‘terceira era'): de 1 296 000 anos. A media de vida era de 10 000 anos.
  • Dvapara-yuga (‘segunda era'): de 864 000 anos. A media de vida era de 1000 anos.
  • Kali-yuga (‘era de pelexa'): de 432 000 anos. A media de vida é de 100 anos (ao comezo da era, hai 5100 anos).

Neste maha-yuga en particular, as idades permutáronse: despois da primeira era (Satya-yuga), veu a terceira (Treta), e despois a segunda.

Outra nomenclatura das idades que se utiliza na India é:

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar