Principado de Antioquía
O Principado de Antioquía foi un dos Estados cruzados creados durante a Primeira cruzada, que ocupou partes das modernas Turquía e Siria. O principado foi máis pequeno que o Condado de Edesa ou o Reino de Xerusalén. Estendíase ao longo do extremo nordés do mar Mediterráneo, bordeando co Condado de Trípoli ao sur, Edesa ao leste, e alternando entre Imperio Bizantino e o Reino de Armenia ao noroeste, segundo o ano.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Provincia romana | Siria | ||||
Capital | Antioquía do Orontes | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | lingua francesa | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1098 | ||||
Disolución | 1268 (Gregoriano) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | feudal monarchy (en) | ||||
Historia
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Orixes
editarO avance musulmán cara Occidente causou preocupación entre a cristiandade. Tras a caída dos Santos Lugares, o Papado promoveu as expedicións militares que foron coñecidas como cruzadas.
Na Primeira cruzada, o príncipe Bohemundo de Tarento realizou unha vitoriosa campaña militar para recuperar territorios que Bizancio perdera fronte ao avance musulmán. Porén, unha vez acabada a súa campaña coa toma de Antioquía, Bohemundo retivo o territorio, creando este principado.
Poboación
editarO principado tivo arredor de 20 000 habitantes durante o século XII, moitos dos cales eran cristiáns armenios ou ortodoxos gregos, cuns poucos habitantes musulmáns. Moitos dos cruzados que se asentaron no principado eran de orixe normanda, na súa maioría do condado de Sicilia, sendo estes os primeiros gobernantes do país. Poucos dos habitantes do principado, coa excepción dos cruzados, eran católicos, a pesar de que a cidade estaba baixo a xurisdición do Patriarcado Latino de Antioquía, establecido no 1100. Este patriarcado mantívose como o titular da sé antioquense ata que foi deposto en 1964.
Lista de príncipes de Antioquía
editar- Bohemundo I de Antioquía 1098-1111
- Tancredo de Galilea, rexente, 1100-1103; 1105-1112
- Bohemundo II de Antioquía 1111-1130
- Roger de Salerno, rexente, 1112-1119'
- Balduíno II de Xerusalén, rexente, 1119-1126; 1130-1131
- Constanza de Antioquía 1130-1163
- Fulco V de Anjou, rexente, 1131-1136
- Raimundo de Poitiers ou de Antioquía 1136-1149 (por matrimonio con Constanza)
- Reinaldo de Châtillon 1153-1160 (por matrimonio con Constanza)
- Bohemundo III de Antioquía 1163-1201
- Raimundo de Antioquía (Raimundo IV de Trípoli) 1193-1194 (rexente)
- Bohemundo IV de Antioquía 1201-1216
- Raimundo Rubén de Antioquía 1216-1219
- Bohemundo IV de Antioquía (restaurado) 1219-1233
- Bohemundo V de Antioquía 1233-1252
- Bohemundo VI de Antioquía 1252-1268
- Príncipes titulares de Antioquía 1268-1457
- Bohemundo VI de Antioquía 1268-1275
- Bohemundo VII de Antioquía 1275-1287
- Lucía de Antioquía e Trípoli 1287-cara ó 1299
- Filipe de Toucy, cara ó 1299-1300; despois deste, o título (nominal) pasou aos Reis de Chipre e Xerusalén.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Buck, Andrew D. (2017). The Principality of Antioch and its Frontiers in the Twelfth Century. Woodbridge: Boydell & Brewer. ISBN 9781783271733.
- Harris, Jonathan (2014), Byzantium and the Crusades, Bloomsbury, 2nd ed. ISBN 978-1-78093-767-0
- Richard, Jean (1999). The Crusades: c. 1071-c. 1291. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-62566-1.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |