Sancho Afónsez, nado contra 1093 e finado na batalla de Uclés o 30 de maio de 1108,[1] foi un infante herdeiro dos reinos de Galicia, León e Castela.

Modelo:BiografíaSancho Afónsez
Biografía
Nacemento1093 ↔ 1094 Editar o valor en Wikidata
Morte29 de maio de 1108 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (8/18 anos)
Lugar de sepulturaMonasterio de Sahagún (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloInfante of León (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Ximena Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso VI de León Editar o valor en Wikidata  e Zaida de Sevilla Editar o valor en Wikidata
IrmánsOrraca de León
Tareixa, condesa de Portugal
Elvira de León, raíña de Sicilia
Elvira de Castela Editar o valor en Wikidata
Miniatura medieval onde se representa a Afonso VI o Bravo, rei de Galicia, León e Castela, e pai de Sancho Afónsez, no seu trono. Catedral de Santiago de Compostela.

Era fillo de Afonso VI de León e da súa concubina a mora Zaida quen, despois de ser bautizada, tomou o nome cristián de Isabel, Helysabeth nas crónicas da época. Zaida era era nora de Al-Mu'tamid, rei da Taifa de Sevilla,[2] xa que estaba casada con Fath al-Mamun (fillo de Al-Mu'tamid),[3] que era gobernador de Córdoba cando a tomaron os almorábides o 27 de marzo de 1091.

Traxectoria

editar

Nacemento

editar

Non hai acordo entre os diversos historiadores sobre a súa data de nacemento. O ano 1093 é o máis probábel e o máis antigo posíbel, pois a súa nai Zaida chegou á corte de Afonso VI probabelmente en 1090, como garantía do cumprimento dun pacto.[2]

Zaida chegou a Toledo fuxindo desde Almodóvar del Río (Córdoba) levando consigo parte do tesouro real e unha carta do seu sogro Al-Mu'tamid para solicitar auxilio a Afonso VI. En Toledo infórmase da morte do seu marido Fath al-Mamun, que falecera o 27 de marzo de 1091, e da conquista de Sevilla polos almorábides en setembro do mesmo ano.

O máis probábel é que as relacións entre o rei e Zaida comezaran pronto e, froito delas, naceu Sancho. Atrasar o seu nacemento até 1097, sabendo que naceu en torno ao 12 de setembro, supón que no momento da batalla de Uclés (1108) só tería 10 anos, o cal non é nada probábel, e máis se temos en conta que o seu pai xa lle encomendara o goberno da cidade de Toledo, probabelmente porque xa tivera a idade de 14 anos, segundo o cal nacería en 1094.

Herdeiro do trono leonés

editar

Aínda que naceu da relación extramatrimonial que mantiveron os seus pais, non se sabe se antes ou despois da morte da raíña Constanza, algúns historiadores opinan que non chegaron a contraer matrimonio, mentres que outros, Gonzalo Martínez Diez, por exemplo, opinan que casaron en 1100, quedando así Sancho lexitimado por dito matrimonio e declarado herdeiro dos reinos cristiáns.[4]

O "quirógrafo da moeda" (1107), que é o último diploma onde asina o infante, achega o dato de que o seu pai lle encomendara o goberno de Toledo.

Morte do infante Sancho

editar

As crónicas ofrécenos diversas versións sobre a súa morte na batalla de Uclés o 30 de maio de 1108. Para uns, como Rodrigo Jiménez de Rada, na súa obra De rerum hispaniae, morreu no campo de batalla xunto ao seu aio García Ordóñez. Para a Primera Crónica General de España de Afonso X, faleceu no lugar coñecido como Siete Condes ou Sicuendez, cando escapaba da batalla. Segundo a crónica árabe Nazm al-Yuman de Ibn al-Qatan morreu, despois da batalla, ao pretender refuxiarse no castelo de Belinchón (Cuenca). Gonzalo Martínez Diez sinala que a versión de Jiménez de Rada é xograresca e lendaria, e «de nulo valor histórico», á luz doutra fonte árabe, que confirmaría a versión de Ibn al-Qatan, a Carta oficial de Tamim destinada ao seu irmán, o emir Alí ibn Yusuf, onde non se menciona no reconto in situ das baixas ao infante real, pero si a García Ordóñez, co que o herdeiro Sancho non falecería no campo de batalla. Por outra parte, Rodrigo Jiménez de Rada trata a Sancho como a un neno de curta idade, chamándoo parvulo, parvo e puer, cando o infante xa tería ao redor de quince anos, idade mínima para que lle fora encomendado o dominio de Toledo, como reflicten as fontes coetáneas.[5]

Non se coñece con certeza a idade que tiña cando morreu. Segundo Évariste Levi-Provençal, parece que tiña 14 anos e 8 meses, e que nacera ao redor de 1093, cando os seus pais mantiveron relacións. Menéndez Pidal e outros historiadores din que debeu nacer contra 1097 e que no momento da batalla só tería uns 10 anos.

A súa prematura morte acelerou o fin dos días do seu pai, quen carecía de máis fillos varóns. Afonso VI morreu o 30 de maio de 1108.[1]

Relato novelado da súa morte, segundo Rodrigo Jiménez de Rada

editar

O arcebispo de Toledo, na súa obra De rerum hispaniae, ofrece o seguinte relato novelado sobre a morte de Sancho na batalla de Uclés, relato que copia con lixeiras variantes a Primera Crónica General de España de Afonso X.

E como fose ferido gravemente o cabalo que montaba o infante Sancho, dixo (este) ao conde: "Aio, aio, feriron ao cabalo que monto". Contestoulle o conde: Non te movas, porque se non te ferirán a ti". E ao punto derrubouse o cabalo que fora alcanzado e, ao arrastrar consigo ao fillo do rei, se apeou o conde e parapetou como puido o neno entre el e o seu escudo, mentres a morte lle constrinxía por todas as partes. El, valente como era, non só protexía o neno co escudo, senón que repelía os ataques que chovían de todos lados, pero, ao serlle acernado un pé dun tallo, non puido aguantar máis e caeu sobre o neno para morrer el antes que o neno... Unha vez que os condes e nobres que saíran con vida do combate chegaron a Toledo e se presentaron ante o rei cos rostros abatidos, o rei, arrepiado por unha dor indescritible, faloulles así: "Onde está o meu fillo, a alegría da miña vida, o consolo da miña vellez, o meu único herdeiro?". Respondeulle o conde Gómez: Non nos encomendastes a nós o fillo polo que preguntades. O rei díxolle: "Aínda que o encomendei a outro, tamén vos fixen a vós responsables do combate e da súa seguridade; e o que estaba especialmente encargado desta loitou, foi ferido e morreu enriba del; vós en cambio, que abandonastes o meu fillo, como vos atrevedes a vir?

Sepultura do infante Sancho Afónsez

editar

Despois do seu falecemiento en 1108, o cadáver do infante Sancho foi conducido á localidade leonesa de Sahagún, onde foi sepultado no Mosteiro de San Bieito.[6]

Os restos do infante, que non se conservan na actualidade debido aos incendios, saqueos e profanacións que sufriu o mosteiro, foron soterrados, cerca dos seus pais, baixo unha lápida na que foi gravada unha inscrición latina, que traducida ao galego vén a dicir:

Sancho, fillo do rei Don Afonso VI. Por mandato de seu pai, foi traído aquí desde a vila de Uclés, onde pelexando contra os Mouros, morreu infaustamente o ano 1108.

Homenaxe

editar

En Uclés desde o ano 2008 e con motivo do IX Centenario da batalla de Uclés, hai unha rúa co nome do infante Sancho.

  1. 1,0 1,1 Martínez Diez (2003), pp. 150-154.
  2. 2,0 2,1 Pallares, M.ª del Carmen y Portela, Ermelindo La reina Urraca Editorial Nerea, S.A. 2006. ISBN 84-96431-18-5 página 20
  3. Julio Porres Martín-Cleto, «La llamada dote de la mora Zaida», Tulaytula: Revista de la Asociación de Amigos del Toledo Islámico, nº 3, 1998, páx. 33, ISSN 1575-653X.
  4. Martínez Diez (2003), p. 121.
  5. Martínez Díez (2003), pp. 153-154.
  6. Del Arco y Garay, Ricardo (1954). "XIII". En Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid. p. 192. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Ayuntamiento de Uclés (2008): La batalla de Uclés (1108) contra los almorávides.
  • Arco y Garay, Ricardo del (1954). Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas., ed. Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid. 
  • Flórez, Enrique. Memorias de las Reynas catholicas, Historia Genealógica de la Casa Real de Castilla y de León.
  • Lévi-Provençal, Évariste (1934): "La mora Zaida, femme d´Alphonse VI et leur fils l´infant D. Sancho". En Hesperis.
  • Martínez Díez, Gonzalo (2003). Alfonso VI: señor del Cid, conquistador de Toledo. Madrid: Temas de Hoy (Historia). ISBN 978-84-8460-251-4. 
  • Sáiz Ordoño, Agrimiro (2010): Zaida, ¿princesa y concubina?. Cuenca: Ediciones Aldebarán.
  • Salas Parrilla, Miguel (2007): Uclés en la historia.
  • Salas Parrilla, Miguel (2008): Capítulo "Sáncho Alfónsez" no libro colectivo La batalla de Uclés (1108) contra los almorávides. Uclés: Ayuntamiento de Uclés.