Rafael Cuíña

político galego

Rafael Luís Cuíña Aparicio, nado en Lalín o 13 de xaneiro de 1972, é un empresario, político e columnista galego, fillo do político Xosé Cuíña.

Rafael Cuíña
Rafael Cuíña festa malla Doade 2015.jpg
Escudo de Lalín.svg
Alcalde de Lalín
Período2015 - 2019
AntecesorXosé Crespo Iglesias
SucesorXosé Crespo Iglesias
Datos persoais
Nacemento13 de xaneiro de 1972
 Lalín
OrganizaciónPartido Popular de Galicia, Acción Galega e Compromiso por Galicia
PaiXosé Cuíña
ProfesiónEmpresario e político
Na rede
Twitter: Rafiklalin Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Dereito.[cando?][Cómpre referencia] Ex-militante do Partido Popular de Galicia, era unha das caras coñecidas da rama galeguista neste partido[1]. Escribiu para diversas publicacións como Vieiros, Xornal de Galicia ou o xornal A Peneira, e acadou certa sona pola súa pertenza á asociación cívica na defensa da lingua galega, ProLingua. Así mesmo, forma parte do equipo permanente do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómi­cos (IGEA) que dirixe o nacionalista Anxo Quintana[2].

Membro da plataforma galeguista Acción Galega, o 14 de abril de 2012 anunciou a súa marcha do Partido Popular [3], integrándose en xuño dese mesmo ano na organización política Compromiso por Galicia. Nas filas desta formación concorreu como cabeza de lista por Pontevedra ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012, malia non acadar finalmente representación. Nas municipais de 2015 foi candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Lalín e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co PSdeG e PAC.


Predecesor:
Xosé Crespo Iglesias
  
Alcalde de Lalín
 
2015 - 2019
Sucesor:
Xosé Crespo Iglesias

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar