Xosé Manuel Rey
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Xosé Manuel Rey Varela[1], ou José Manuel Rey Varela[2], nado en Ferrol o 31 de decembro de 1975, é un avogado e político galego, que foi alcalde de Ferrol entre 2011 e 2015.
Xosé Manuel Rey | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 31 de decembro de 1975 |
Lugar de nacemento | Ferrol |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou o bacharelato no IES Sofía Casanova de Ferrol, e posteriormente dereito na universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou. En paralelo á súa vida universitaria desenvolveu carreira política, afiliándose ao Partido Popular. Como representante da organización de mocidades neste partido, Novas Xeracións, accede ao posto de tesoureiro do Consello da Xuventude de Galicia.
En 2002 entrou como concelleiro en Ferrol grazas a unha substitución. Ao ano seguinte celebráronse eleccións municipais, e saíu elixido concelleiro polo Partido Popular. O alcalde, o tamén popular Juan Juncal, encargoulle as áreas de Facenda, Patrimonio, Emprego e Mocidade. En 2007 saíu reelixido concelleiro, se ben a súa formación pasou á oposición, e en 2011 converteuse no cabeza de lista dos populares. Nesa posición conseguiu vencer as eleccións, con 14.974 votos (43,74 %) e 13 concelleiros, o que lle deu a maioría absoluta por un concelleiro.
Tamén é presidente do Partido Popular de Ferrol e vicesecretario xeral do Partido Popular de Galicia no equipo de Alberto Núñez Feijóo. En novembro de 2011 foi elixido presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias. En outubro de 2015 foi nomeado Conselleiro de Política Social[3].
Predecesor: Vicente Irisarri |
Alcalde de Ferrol 2011 - 2015 |
Sucesor: Jorge Suárez Fernández |
Predecesor: Carlos Fernández Castro |
Presidente da Fegamp 2011 - 2015 |
Sucesor: Alfredo García |
Predecesor: Rocío Mosquera |
Conselleiro de Política Social 2015 - 2018 |
Sucesor: Fabiola García Martínez |
NotasEditar
- ↑ "Xosé Manuel Rey Varela, conselleiro de Política Social". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2017. Consultado o 25 de maio de 2017.
- ↑ "Biografía". Xunta de Galicia. 27 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2017. Consultado o 25 de maio de 2017.
- ↑ Núñez Feijóo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, Praza Pública, 4 de outubro de 2015.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Manuel Rey |