Rocío Mosquera
Rocío Mosquera Álvarez, nada en Gomesende en 1956, é unha médica e política galega do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Gomesende, España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
Traxectoria
editarLicenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en cirurxía xeral e na medicina do aparato dixestivo. Despois de estar traballando como inspectora médica, na década de 1980 comezou a acceder a postos de xestión e responsabilidade na administración sanitaria. Foi directora de Atención primaria na área de Santiago de Compostela en 1987 e catro anos máis tarde pasou a dirixir o servizo de inspección sanitaria da Consellería de Sanidade.
En 1994 foi designada subdirectora xeral de Atención Especializada do Sergas, despois asesorou na dirección xeral de Saúde pública (1999-2001) e en 2002 pasou á empresa privada como xerente desde 1994 a 1998; de asesora da Dirección Xeral de Saúde Pública desde 1999 a 2001, e foi xerente da clínica privada Nuestra Señora de la Esperanza, de Santiago de Compostela. Tamén tivo diversos empregos como consultora e formou parte do padroado de distintas fundacións sanitarias, entre elas as dos hospitais de Cee e de Ribeira.
En 2009 regresou á administración pública ao ser nomeada xerente do Sergas, o segundo posto en importancia dentro da Consellería de Sanidade, dirixida por Pilar Farjas. En xaneiro de 2012 substituíu a Farjas como conselleira.
Durante a súa xestión, entre outras cousas, rematáronse as obras e inaugurouse un novo hospital en Vigo. Logo da inauguración do hospital produciuse unha manifestación, o 3 de setembro de 2015, de protesta polo que os manifestantes entendían como erros no servizo e privatizacións de actividades no hospital, como a limpeza, a cafetería ou o aparcadoiro[1][2][3]. Foi cesada en outubro de 2015[4].
Predecesor: Pilar Farjas |
Conselleira de Sanidade 2012 - 2015 |
Sucesor: Jesús Vázquez Almuíña |