Consellería de Política Social
A Consellería de Política Social e Xuventude é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en política social, familia, infancia e xuventude. A súa titular actual é Fabiola García Martínez.
HistoriaEditar
A Consellería de Política Social naceu en 2015,[1] como herdeira da Consellería de Traballo e Benestar. Anteriormente tamén existiu a Consellería de Asuntos Sociais.
ConselleirosEditar
- José Manuel Rey Varela (2015-2018).
- Fabiola García Martínez (2018-).
Estrutura internaEditar
Secretarías e direccións xeraisEditar
- Secretaría Xeral Técnica
- Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
- Dirección Xeral de Inclusión Social
- Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
- Dirección Xeral de Atención Integral Sociosanitaria
- Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Entidades adscritasEditar
- Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
- Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas
NotasEditar
- ↑ "Feijoo remodela por sorpresa o seu Goberno". La Voz de Galicia. 4 de outubro de 2015. Consultado o 22 de xullo de 2021.