Fabiola García

política española
(Redirección desde «Fabiola García Martínez»)

Fabiola García Martínez, nada en Ribeira en 1985,[1] é unha e política galega do PPdeG.

Infotaula de personaFabiola García
Biografía
Nacemento1985 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Ribeira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Twitter: FabiolaBarbanza Instagram: fabiola.barbanza Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleira e primeira tenente de alcalde de Ribeira co Partido Popular, e directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade na Consellería de Política Social.

Foi asesora nas consellerías de Facenda, Economía e Industria e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. En 2018 foi nomeada conselleira de Política social.

Foi elixida deputada no Parlamento de Galicia, e en setembro de 2021 deixou o escano como deputada a canda moitos dos outros deputados que tamén eran conselleiros[2].

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.[3]

Vida persoal editar

Casou co ourensán Lucas Martinón Torres (1980), xornalista, que foi director de comunicación da Xunta de Galicia,[4] fillo do pediatra e bibliófilo Federico Martinón Sánchez. Son pais dunha filla.

Notas editar

  1. "Consellería de Política Social. Biografía". xunta.gal. Consultado o 7-9-2020. 
  2. "Feijóo hace renunciar al escaño del Parlamento de Galicia a 7 de sus conselleiros". La Región (en castelán). 2021-09-15. Consultado o 2021-09-15. 
  3. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 
  4. Transparencia Arquivado 03 de xullo de 2019 en Wayback Machine. Xunta.


Predecesor:
José Manuel Rey Varela
  
Consellería de Política Social
 
dende 2018
Sucesor: