Consellería de Política Social e Xuventude
A Consellería de Política Social e Xuventude é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en política social, familia, infancia e xuventude. A súa titular actual é Fabiola García Martínez.
Historia
editarA Consellería de Política Social naceu en 2015,[1] como herdeira da Consellería de Traballo e Benestar. Anteriormente tamén existiu a Consellería de Asuntos Sociais.
Conselleiros
editar- José Manuel Rey Varela (2015-2018).
- Fabiola García Martínez (2018-).
Estrutura interna
editarSecretarías e direccións xerais
editar- Secretaría Xeral Técnica
- Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
- Dirección Xeral de Inclusión Social
- Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade: Begoña Abeijón Fernández[2]
- Dirección Xeral de Atención Integral Sociosanitaria
- Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Entidades adscritas
editar- Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
- Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas
Notas
editar- ↑ "Feijoo remodela por sorpresa o seu Goberno". La Voz de Galicia. 4 de outubro de 2015. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ "DECRETO 90/2023, do 22 de xuño, polo que se nomea directora xeral de Persoas con Discapacidade a Begoña Abeijón Fernández". Diario Oficial de Galicia.