José Miñones Trillo
José Miñones Trillo, nado en Vimianzo o 25 de xuño de 1939, é un farmacéutico, profesor universitario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xuño de 1939 ![]() Vimianzo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | catedrático (1980–), research associate (en) ![]() ![]() ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | María Mercedes Conde ![]() |
Fillos | José Miñones Conde ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
- Para o político republicano fusilado en 1936, véxase Pepe Miñones.
Traxectoria
editarPremio Extraordinario de Doutoramento, bolseiro da Fundación Barrié, da Fundación March, da Embaixada de Francia e do Goberno Francés para estadíias de investigación no Instituto Pasteur e na Universidade de París VI. Foi catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, decano da Facultade de Farmacia e director da Escola de Óptica. É Académico numerario da Real Academia Nacional de Farmacia, da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e da Real Academia de Farmacia de Galicia. Foi presidente da CIUG de 1994 a 1999.[1]
Foi concelleiro de Santiago de Compostela e nas eleccións autonómicas de 1985 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia por Coalición Popular. Nas eleccións xerais de 2000 foi candidato ao Senado por Democracia Galega.[2]
Recoñecementos
editar- Placa da Asociación de Farmacéuticos Ópticos.
- Insignia de ouro da Asociación de Antigos Alumnos da Facultade de Farmacia de Santiago.
Vida persoal
editarCasou con María Mercedes Conde Mouzo. É pai de José Miñones.[3]
Notas
editar- ↑ Recuerdos de mi juventud en Vimianzo
- ↑ La Voz de Galicia, Bergantiños-Soneira-Fisterra, 9-3-2000, p. 47.
- ↑ "Fallece la madre del delegado del Gobierno en Galicia, José Miñones". Europa Press. 2 de maio de 2021.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Miñones Trillo, José". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
editar- Ficha na Academia de Farmacia de Galicia Arquivado 27 de marzo de 2023 en Wayback Machine.