Ministerio de Sanidade (España)
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O Ministerio de Sanidade de España é o actual departamento ministerial con competencias en política sanitaria. A súa titular é Mónica García. O Ministerio ten a súa sede central no Paseo do Prado de Madrid, fronte ao Museo do Prado.
Ministerio de Sanidade | |
---|---|
Acrónimo | MSCBS |
Tipo | ministério da saúde e consumer ministry |
Data de fundación | 2018 |
Data de disolución | xaneiro de 2020 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA historia do ministerio de sanidade remóntase á primeira lexislatura, tendo tamén outros predecesores na etapa predemocrática española. Desde a súa aparición, centrouse na política sanitaria do goberno e, desde o traspaso da competencia en materia de sanidade ás Comunidades Autónomas, encárgase da regulación do marco xeral e as bases do a sanidade, dirixindo o Sistema Nacional de Saúde.
Tivo numerosas variantes, incluíndo dentro da súa estrutura ámbitos materiais diversos como a Igualdade ou os servizos sociais. Na súa estrutura actual, o Ministerio de Igualdade adquiriu autonomía propia, engadindo ao Ministerio de Sanidade as competencias en Consumo.
Funcións
editarSegundo o Real Decreto 355/2018, de 6 de xuño, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais, corresponde ao Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social:[1]
- A proposta e execución da política do Goberno en materia de saúde, de planificación e asistencia sanitaria e de consumo
- O exercicio das competencias da Administración Xeral do Estado para asegurar aos cidadáns o dereito á protección da saúde.
- A proposta e execución da política do Goberno en materia de cohesión e inclusión social, de familia, de protección do menor e de atención ás persoas dependentes ou con discapacidade.
Estrutura
editarEste Ministerio dispón, como órgano superior:
- A Secretaría de Estado de Servizos Sociais
Lista de Ministros de Sanidade
editar- Lexislatura Constituínte (1977 - 1979)
- I Lexislatura (1979 - 1982)
- II Lexislatura (1982 - 1986)
- (1982 - 1986): Ernest Lluch, PSOE
- III Lexislatura (1986 - 1989)
- IV Lexislatura (1989 - 1993)
- V Lexislatura (1993 - 1996)
- (1993 - 1996): Ángeles Amador Millán, PSOE
- VI Lexislatura (1996 - 2000)
- (1996 - 2000): José Manuel Romay Beccaría, PP
- VII Lexislatura (2000 - 2004)
- (2000 - 2002): Celia Villalobos, PP
- (2002 - 2004): Ana María Pastor Julián, PP
- VIII Lexislatura (2004 - 2008)
- (2004 - 2007): Elena Salgado, PSOE
- (2007 - 2008): Bernat Soria, PSOE
- IX Lexislatura (2008 - 2011)
- (2008 - 2009 ): Bernat Soria, PSOE
- (2009 -2010): Trinidad Jiménez, PSOE
- (2010 - 2011): Leire Pajín, PSOE
- X e XI Lexislatura (2011 - 2016)
- XII Lexislatura (2011 - 2016)
- (2016 - 2018): Dolors Montserrat, PP
- (2018 - 2018): Carmen Montón, PSOE
- (2018 - 2020): María Luisa Carcedo, PSOE
- XIII-XIV Lexislatura (2020 - 2023)
- (2020 - 2021): Salvador Illa, PSC
- (2021 - 2023): Carolina Darias, PSOE
- (2023 - ): José Miñones, PSOE
- XV Lexislatura (2023 - )
- (2023 - ): Mónica García, Más País
Referencias
editar- ↑ http://www.boe.es/boe/dias/2018/06/07/pdfs/BOE-A-2018-7575.pdf Real Decreto 355/2018, de 6 de junio, por el que se reestructuran los departamentos ministeriales.
Ligazóns externas
editar- Páxina web oficial Arquivado 23 de xullo de 2018 en Wayback Machine.