Ana Mato
Ana Mato Adrover, nada en Madrid o 24 de setembro de 1959, é unha política española que pertence ao Partido Popular. Foi Ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade do Goberno de España dende o 22 de decembro de 2011 ata novembro de 2014. É irmá de Gabriel Mato, tamén político.
Ana Mato | |
---|---|
![]() | |
Ana Mato Adrover | |
Datos persoais | |
Nacemento | 24 de setembro de 1959 |
Madrid | |
Organización | Partido Popular |
Cónxuxe | Jesús Sepúlveda Recio |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi tamén vicesecretaria xeral do Partido Popular, encargada da organización do partido e de temas electorais, entre 2008 e 2012. Anteriormente foi eurodeputada do Parlamento Europeo entre o ano 2004 e 2008.
Está separada do exalcalde de Pozuelo de Alarcón, Jesús Sepúlveda, imputado polo Caso Gürtel, co que ten tres fillos. Dimitiu como Ministra o 26 de novembro de 2014 pola súa implicación no Caso Gürtel[1]. Uns meses despois anunciu a súa retirada da política[2], se ben continuou no seu posto de deputada ata a disolución das Cortes previa ás Eleccións Lexislativas de 2015.
Predecesor: ningún |
![]() Vicesecretaria xeral do Partido Popular 2008 - 2012 |
Sucesor: Carlos Floriano |
Predecesor: Leire Pajín |
![]() Ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de España 2011 - 2014 |
Sucesor: Alfonso Alonso |